07 enero 2009

El BNG quiere que Moratinos explique de qué va el Gobierno en los casos de Gaza y Sáhara Occidental

MADRID (MORRAZO-tribuna).- O BNG, a través do Grupo Mixto, ven de solicitar a comparecencia do Ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, para que explique no Congreso dos Deputados “a postura e as xestións do Goberno e as súas iniciativas diplomáticas ante os bombardeos masivos e os ataques desproporcionados iniciados en decembro de 2008 polo Estado de Israel na faixa de Gaza, que están a provocar centos de mortos e feridos entre a poboación palestina”.
A solicitude de reunión da Deputación Permanente para abordar estas e outras peticións tamén está asinada polo Grupo Parlamentario de ERC-IU-ICV.

Neste sentido, a deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, tamén solicitou a comparecencia de Moratinos na Comisión de Asuntos Exteriores para que explique “a postura e as xestións do Estado español en relación coa situación actual do Sáhara, habida conta das declaracións do presidente do Goberno a este despeito o pasado mes de decembro”.