MOAÑA (MORRAZO-tribuna).-Este venres día 9, estrearáse en Moaña "FRÍO", unha longametraxe independente, de xénero de cine negro, rodada case integramente en Galicia cun equipo moi reducido de persoas e un orzamento moi pequeno. A cita será na Casa da Mocidade de Moaña a partir das 21:00, e a entrada será de balde.
Descrición
Frío é unha historia de cinema negro que se desenvolve nun contaxto social. Os persoaxes son seres fóra do seu tempo que loitan na apariencia por cartos, ainda que no fondo as súas motivacións son moito máis profundas. Lembranzas, reencontros e traizóns conviven nunha trama de violencia implícita onde apenas hai lugar para os bós sentimentos.
Argumento
Mario vive nunha residencia de verán co seu amigo Santi, funcionario de prisións. Un día reencóntrase coa súa antiga moza, Laura. Leva vinte anos sen vela e ela cae inconsciente nos seus brazos. Laura ten uns documentos incriminatorios para Polo, antigo amigo de Mario e actual parella de Laura.
Localización
Santiago, O Grove, Lalín, Monterroso e Caminha (Portugal).
Podese ver o trailer na páxina web da Axencia Audiovisual Galega www.axenciaaudiovisualgalega.org no seau portal FROCOStv ou na propia
web de a productora morta www.aproductoramorta.es . Esta e a primera vez que se fai en Galicia unha estrea simultanea aproveitando a rede de cinema dixitais de Galicia. Moaña é un dos colaboradores nesta estrea que está patrocinada por O consorcio Audiovisual Galego, a Axencia Audovisual Galega,
Santiago Film Comissión, Localia Santiago, A cadea Ser e a RTVG.
Mais info. en : http://axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=oficinaproduccion/ficha_proyecto.php&id_proyecto=2050&fase=4