08 enero 2009

El paro crece en Galicia a mayor ritmo que en España y el PP cree que la Xunta tiene algo que ver con ello...

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O paro medra a maior ritmo en Galicia ca en España, segundo se desprende dos datos oficiais coñecidos hoxe e correspondentes ao pasado mes de decembro. Así, en decembro pasado, o paro aumentou en Galicia un 5,02% respecto ao mes anterior, mentres que en España o fixo un 4,67%, asi o lembrou este mediodía o Partido Popular.

Esta característica –decembro foi o terceiro mes consecutivo no que o paro medra máis en Galicia ca en España- confirma que a crise está a chegar á Comunidade Autónoma cun lixeiro retraso sobre o conxunto do Estado, pero acredita tamén que o fai con maior intensidade.

Recorda o PPdeG, que os datos do paro coñecidos hoxe revelan que “PSOE é sinónimo de paro”, como queda de manifesto cos 3,1 millóns de parados rexistrados no conxunto de España ao rematar 2008. E revelan tamén que “Touriño e Zapatero son igual de incapaces de ofrecer solucións fronte á crise, limitándose a efectuar promesas enganosas”, en opinión de Susana López Abella, vicesecretaria xeral do PPdeG.

Os populares galegos lembran que mentres que o Bipartito prometeu a creación de 30.000 novos postos de traballo en Galicia no ano 2008, o certo é que o exercicio rematou con 34.921 parados máis que en 2007.

Na mesma liña, e fronte á previsión oficial de incrementar o número de afiliados á Seguridade Social en 24.000 persoas en Galicia, o balanzo limítase a tan só 4.275 novos cotizantes na media de 2008. Sen embargo, comparando decembro de 2008 con decembro de 2007, os datos revelan un descenso de 27.827 afiliados en Galicia.