VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Secretaría Xeral de Comunicación estará presente na Josp Fest, a I Feira Internacional de itinerarios de peregrinación que se desenvolverá do 15 ao 18 de xaneiro en Roma, a través da exposición itinerante Galiciadixital, unha réplica da exposición permanente situada no Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela. Os visitantes da Josp Fest poderán disfrutar nun stand de 100 metros cadrados, así como dalgúns dos contidos desta exposición que pretende dar a coñecer unha Galicia diferente a través dunha viaxe de sensacións, luces e sons.
O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, será o encargado de inaugurar a mostra o próximo xoves 15 de xaneiro en Roma.
O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, será o encargado de inaugurar a mostra o próximo xoves 15 de xaneiro en Roma.
O stand no que se atopa a exposición itinerante Galicidixital ofrecerá aos asistentes á feira a posibilidade de desfrutar do tiraboleiro virtual, dando a coñecer así o uso do emblemático botafumeiro da catedral compostelá. Os visitantes do stand da Secretaría Xeral de Comunicación poderán tamén visualizar imaxes panorámicas de 360º, onde se poden observar en movemento os lugares emblemáticos do camiño. Ademais da proxección de películas en 3D, a exposición itinerante Galiciadixital leva tamén a Roma o seu novo contido, “Aerodeslizadores de compostela”, un xogo que consiste nun descenso pola zona histórica dunha cidade galega virtual nun fururista “aerodeslizador”.
Promoción do turismo temático
A Josp Fest, organizada pola Obra Romana de Peregrinacións, xurde coa intención de promover un turismo temático, dedicado aos itinerarios de peregrinación. Trátase dun evento innovador que emprega as novas tecnoloxías para amosar unha nova forma de facer turismo, facendo que as persoas entren en contacto co territorio, coas tradicións e a cultura, mentres o percorren.
A feira será punto de encontro de destinos e operadores turísticos das grandes metas de peregrinación mundiais, permitindo entrar en contacto con empresas que organizan e promoven estes itinerarios, descubrir a súa oferta, e establecer contactos comerciais e culturais.
Coa súa presenza na Feira, a Secretaría Xeral de Comunicación pretende dar a coñecer parte dos contidos da exposición Galiciadixital, pola que xa pasaron máis de 450.000 visitantes e que este ano, 2008, recibiu 2.000 visitas máis que o anterior. Neste ano que remata, a exposición itinerante foi visitada por máis de 20.000 persoas nas 18 localidades que visitou (7 na provincia da Coruña, 4 en Lugo, 3 en Ourense e 4 en Pontevedra).