VIGO (MORRAZO-tribuna).- Fortes críticas novamente da FAVEC ao alcalde de Vigo. A Federación Veciñal considera que o Concello esqueceu co seu plan de obras e humanizacións a finalidade do real decreto de ley sobre o fondo estatal de inversión do 10 de decembro de 2008, que non só ten por obxecto promover la realización de obra pública senón sobre todo facer, tal como indica o propio decreto, “inversiones generadoras de empleo por parte de los ayuntamientos, con el fin de contribuir a la reactivación de la economía en 2009”.
Para o Movemento Veciñal vigués, "As obras teñen un principio e un fin. Quizáis podan servir a que durante uns meses se manteña o traballo no sector da construcción, pero as obras teñen un inicio e un fin, que sucederá logo de que rematen? Tamén hai que considerar que nas obras, gran parte dos gastos corresponden ao material en lugar de ingresos para os traballadores. Non se poden empregar os cartos que deberían reactivar a nosa economía e xerar riqueza de xeito sostible seguindo a filosofía do pan para hoxe e fame para mañá".

"É salientable que o decreto establece unha amplia variedade de actuacións financiables, non se limita a obras públicas e humanizaciónsen senón que abre a posibilidade de crear emprego sostible e diversificado en numerosos sectores que tamén sufren a crise. Deste xeito sinala entre as actuacións moitos proxectos que están pendentes na cidade como a mellora da rede de abastecemento de agua potable e tratamento de aguas residuais, proxectos de movilidade sostible en materia de transporte, promoción turística, xestión de residuos, construcción, adecuación, rehabilitación ou mellora de edificios y equipamentos sociais, sanitarios, funerarios, educativos, culturais e deportivos…", indican desde a Federación de AA.VV. de Vigo
"Pedimos aos responsables que rectifiquen na decisión de gastar todos os fondos estatais en obras públicas e humanizacións e que se convoque ao Consello Económico e Social da Cidade para consensuar os investimentos máis convenientes que deberían ser naqueles sectores estratéxicos e susceptibles de xerar e manter postos de emprego", sinala finalmente a FAVEC