13 enero 2009

Las promesas de Feijoo : “Nos 100 primeiros días presentarei un plan estratéxico para paliar a crise e sair crecendo”

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe, en Ourense “nos 100 primeiros días do meu goberno presentarei un plan estratégico para paliar a crise e sair crecendo”.
Emprego, competitividade, internacionalidade e territorio configuran en opinión de Feijóo, os eixes sobre os que debe sustentarse a política da Xunta, tanto para “salvar este momento” de intensa crise económica, como para que, entre todos, “salvemos o futuro”.

No transcurso dunha conferencia pronunciada hoxe no Campus de Ourense, Feijóo debullou algunhas das propostas sobre as que se articulará o traballo do Goberno do PPdeG que pretende configurar despois da cita electoral do vindeiro 1 de marzo.

Para o líder dos populares galegos, nun momento no que todos os indicadores alertan das debilidades da economía galega, o Executivo autonómico debe fuxir do “curtopracismo descoordinado e improvisado” que caracterizou ao bipartito. “O que máis urxe neste momento é que teñamos un Goberno cunha estratexia definida; en lugar de que o Goberno lance ocurrencias cunha escopeta sen saber moi ben cara onde van os disparos”, agregou.
No seu lugar, o PPdeG avoga por articular unha auténtica estratexia económica focalizada no curto prazo para saír da crise actual pero, tamén no longo prazo, de cara a reformar o conxunto do tecido económico e social e afortalar a súa capacidade para competir nos mercados nacionais e internacionais.

CONSENSO PARA ACOMETER AS REFORMAS NECESARIAS
A tal efecto, Feijóo reivindicou a necesidade de que Galicia se dote dun auténtico liderado político co que facer uso da súa capacidade de autogoberno, con medidas orientadas a incrementar os benestar das familias, dos autónomos e das empresas para xerar emprego, concitando os “consensos sociais necesarios que permitan impulsar as reformas precisas”, desde unha óptica de unidade.

O presidente do PPdeG apostou por liderar as “reformas económicas modernizadoras de Galicia”, baseadas en cinco grandes eixos que precisan da coordinación pública, pero tamén do consenso social. Trátase dos seguintes puntos:

o Unha política económica dirixida á impulsar a competitividade e a apertura da economía galega no mundo,
o Unha política medioambiental e de ordenación do territorio que garanta a sostenibilidade e a racional habitabilidade do país a longo prazo.
o Unha política que reforce a equilibrada modernización de todos os sectores produtivos.
o Unha política de reformas administrativas que eliminen trabas á iniciativa emprendedora
o Unha política de infraestruturas e de transportes que permitan a Galicia integrarse nas mellores condicións nos fluxos comerciais europeos e mundiais.

Precisamente en relación con este último punto, Feijóo recordou que datos recentes acreditan que Ourense é a provincia española na que máis decreceu a poboación, apuntando que esta tendencia se podería inverter de xeito doado contando dunhas comunicacións axeitadas.

O PAPEL DAS INFRAESTRUTURAS
“É importante que entendamos que as infraestruturas, lonxe da sinxela cualificación de ´cemento´ na que tanto se insistiu desde outras forzas políticas, significan reducir distancias, [crear] emprego, máis oportunidades, igualdade de condicións e xeración de riqueza”, subliñou o presidente do PPdeG.

Feijóo subliñou que só o crecemento económico estable garante a sostibilidade das política social. Por iso, a contribución dos poderes públicos ao desenvolvemento e o benestar dos galegos debe centrarse, “no fomento e impulso dos procesos de modernización que facilitan a inserción das empresas galegas na economía mundial, e no establecemento das bases infraestructurais e tecnolóxicas que fan atractivo ao territorio para atraer investimentos e crear emprego”.

ADEUS AOS SALARIOS BAIXOS COMO RECLAMO
No ámbito dos recursos naturais, o líder dos populares galegos adiantou que “se queremos garantir o emprego de calidade e o benestar futuro, non se pode competir ofertando recursos naturais sen valor engadido ou custos e salarios moi baixos; o que si hai que facer é centrarse na mellora da calidade e nos incrementos da produtividade”.

Deste xeito, “a economía galega debe orientarse cara a especialización na produción de bens e servizos de mercado cuxa produción se basee no uso intensivo de capital tecnolóxico e nun capital humano altamente cualificado”, engadiu.

INCENTIVOS EMPRESARIAIS
Entre os cambios a acometer polo seu futuro Goberno no ámbito do apoio ás empresas, Feijóo avanzou dúas medidas. Por unha parte, apostou por concentrar nun “Igape renovado” todos os instrumentos financeiros que permitan apoiar os investimentos, aos emprendedores, paliar situación puntuais de crise ou acceder a créditos, de xeito imparcial e baseándose exclusivamente en criterios de estrita viabilidade empresarial, crear unha “banca pública galega” e retroceder dos séculos.