13 enero 2009

Touriño : a vueltas con el BOE y el supuesto AVE

LISBOA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, avanzou esta mañá en Lisboa que hoxe mesmo sae publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) o sometemento a información pública do estudo informativo do treito desde O Porriño ata a fronteira portuguesa do eixe atlántico de alta velocidade. O titular da Xunta salientou esta publicación a saída da xuntanza que celebrou esta mañá co ministro de Ambiente, Ordenación do Territorio e Desenvolvemento Rexional de Portugal, Francisco Nunes Correia, na que ambos mandatarios repasaron a situación da liña de alta velocidade entre Galicia e Portugal.