MOAÑA (MORRAZO-tribuna).- O tenente de alcalde de Moaña, o socialista Víctor Pastoriza, continúa cos seus balances en voz alta, na política de transparencia que preside a súa xestión. Hoxe é momento para facer balance das actuacións que se levaron a cabo na área de alumeado público, no concello moañés. Pulse read more e poderá ler o que prantexa nas suas realizacións, o político moañés.
Mantemento da rede.
O servizo estaba concesionado a través dun contrato que rematou a finais do pasado ano a empresa Coruñesa de Aforro enerxético.
Esta empresa ocupouse da reposición dos puntos avariados e de levar a cabo actuacións encamiñadas a conseguir aforro enerxetico.
Estou razoablemente satisfeito polo funcionamento do servizo de reposición e polos cambios efectuados na rede.
Nestes momentos estamos xestionando con esta empresa un novo acordo por un ano, que incluira
- A reposición dos puntos de luz do alumeado publico.
- A reposición dos puntos de luz dos edificios de propiedade e/ou competencia municipal.
- A creación dun mapa de alumeado publico do concello.
- Un estudio da situación da rede e propostas de mellora.
A partir desta información (mapa, situación e propostas de mellora), o concello elaborará un prego para adxudicar un novo contrato de mantemento da rede, previsiblemente a finais do ano 2009.
Obxetivos e prioridades na mellora da rede.
Partimos dunha sitúación aceptable na PO551 e a EP1103 (San Benito-Liñares), dunha mala iluminación na PO313 dende o Portal do Almacen ata a Fraga e dunha iluminación irregular nas estradas EP1101 (Barxas-Verducedo), da EP1102 (PO551 Meira-A Fraga) e da EP1104 Porta do Cego - Coiro.
A situación no rural e bastante deficiente, non tanto pola cantidade dos puntos de luz senon por que son luminarias mui vellas, nalgun caso con cable dun solo fio e seguramente con potencia na linea mais que insuficiente.
En todo caso, a espera do informe detallado da situación da rede, e o impacto do novo regulamento tarifario da enerxia na nosa rede, as actuacións que poidamos levar a cabo neste tempo vanse a concentrar na mellora do alumeado na PO313 dende o Portal do Almacen o acceso o corredor e as ultimas vivendas de Broullon e na EP1102 dende o acceso a Igrexa ata o acceso o Corredor e no acceso dende a Cerradiña en Domaio o acceso o corredor na Devesa.
Se hai oportunidade queremos actuar no tramo de 1.000 metros entre a curva da morte e Couso e tamen no tramo de 1.000 na Rotea entre a PO551 e a EP1103 en Domaio.
Instalación de novos puntos de luz aislados.
A diario o departamento recibe novas demandas de instalación de puntos de luz. O departamento conta en plantilla de forma estable con un solo electricista. A pesar diso o ano pasado levouse a cabo a instalacion dunha treintena de novos puntos e o largo de este ano espero chegar a instalar cerca de 60 , que son os que temos solicitados na actualidade.
Como xa anunciei na ultima comision informativa de servizos , espero que este mes se repoñan a ducia de farolas dañadas en Ramon Cabanillas.
Espero instalar neste trimestre o alumeado no lugar de Estripeiro en Meira.
Tampouco estou satisfeito coa iluminación do entorno do centro de saude e o tramo entre o centro de saude e a rotonda fronte o Concello no que creo que se poderá melllorar a súa iluminación.
Son sabedor da deficiencia na iluminación no tramo da Xunqueira, pero antes de tomar medidas vamos a esperar a que se instale o alumeado publico no tramo do paseo peonil, dende a rotonda do Concello a illa do Samertolameu.
Moaña, 8 de xaneiro de 2008.
Victor Pastoriza - Tenente Alcalde.