12 enero 2009

Na Guarda : exposición
sobre o "Cámbio Climático"

A GUARDA (MORRAZO-tribuna).- A Concellería de Medio Ambiente está a organizar unha exposición que baixo o título "Cambio Climático: o noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" estará aberta ao público dende o 9 ata o 16 de xaneiro na Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda.

A exposición, que está baseada no proxecto CLARITY Acción Educativa
por el Clima, pretende dar a coñecer o problema ambiental do cambio
climático e as causas e consecuencias que ten para o mundo e para
Galicia. Pretende tamén estimular a participación dos visitantes
propoñendo actuacións máis positivas e comprometidas que fomenten un
desenvolvemento máis equilibrado social e ambientalmente.

Estanse organizando tamén visitas guiadas para os alumnos do segundo
ciclo da ESO e Bacharelato dos diferentes centros educativos do
municipio.

O Concello da Guarda pretende con esta exposición, fomentar un
comportamento máis acorde e respectuoso co noso medio natural a través
do coñecemento do fenómeno do cambio climático.