PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna).- O BNG de Ponteareas, a traverso do seu portavoz municipal, Bolívar González, calificou de, “pésima e pobre”, a programación do Nadal, sin ningún atractivo para veciños e visitantes, con actividades “resesas”, que nin ilusionaron para a celebración festiva nin tiveron atractivo para animar a actividade comercial na vila. En definitiva, “unha programación dun goberno sen ideas, que nin tivo en conta as nosas tradicións nin aproveitou as nosas potencialidades”, afirmou González.
“Nestas datas tan importantes para unha localidade comercial como Ponteareas, tivemos un pobo morto en actividades sociais, culturais ou deportivas”, engade González, quen o atribúe á “incapacidade e ineptitude do concelleiro de cultura e comercio, Andrés Sampedro”.
Os nacionalistas acusaron ao concelleiro de Cultura de “non saber gastar os cartos do Concello” e consideraron un escándalo que “o gasto adicado a 33 días de programación de nadal foi de só 9.000 euros fronte aos 48.000 fundidos en 3 horas de Operación Triunfo na Gala do Corpus. É dicer, para apoiar ao comercio local e favorecer o ocio dos veciños no nadal adícase unha miseria”
Andrés Sampedro promociona as grandes superficies comerciais e prexudica ao comercio local
Os nacionalistas consideran que a programación, por parte do Concello, de actividades no nadal, ten que favorecer ao comercio local e máis en tempos de crise, pero o balance final, o único que mostra, unha vez mais, “a incapacidade de Andrés Sampedro na xestión da área cultural, festiva e comercial do Concello”, declarou Bolívar González. “Resulta gravísimo que un concelleiro de comercio publicite nas carrozas do nadal a unha grande superficie comercial doutra localidade, a consciencia de que está perxudicando gravemente ao pequeno comercio de Ponteareas, como sucedeu na cabalgata de Reis,”, manifestou González. Para o BNG, “Andrés Sampedro é un problema para os comerciantes pois nestas festas, facilitou a propaganda dunha área comercial e adicou unha miseria de cartos para dar vida comercial ao pobo no Nadal”.