VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Logo do anuncio do presidente da Xunta de abrir unha oficina da Xunta en Lisboa na próxima lexislatura, o PPdeG aclara que o futuro Goberno de Núñez Feijóo non repetirá os erros do bipartito e evitará poñer en marcha novas oficinas montadas de costas ás entidades galegas, como fixo o bipartito en Buenos Aires e Montevideo.
"Alí, a Xunta non reparou en gastar sumas elevadas para financiar o funcionamento das dúas delegacións, mentres os galegos residentes neses países presentan serias carencias asistenciais que non poden mellorarase por falta de recursos económicos", asegura o PP.
Susana López Abella, vicesecretaria xeral do PPdeG, insiste en que antes de abrir unha nova delegación da Xunta no exterior, o Executivo autonómico deberá analizar os seus custes con detalle e, en calquera caso, valorar a dispoñibilidade das entidades galegas para poder colaborar no funcionamento desas oficinas. Trátase, en suma, de evitar derrochar elevadas sumas económicas en novas dependencias e estructuras administrativas excesivamente caras, cuio custe podería minimizarse contando coa colaboración dos centros galegos.
A xuízo dos populares galegos, resulta sorprendente que Touriño efectuase o anuncio da posible creación dunha delegación da Xunta en Lisboa sen sequera visitar o Centro Galego da capital lusa.
Nesta liña, López Abella afirma, con rotundidade, que “iso de abrir delegacións luxoxas para acomodar a responsables socialistas dedicados a captar voto exterior pasará á historia o vindeiro 1 de marzo”.