13 enero 2009

Se recrudece la polémica
en torno a Sogama

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Nuevo giro en la polémica en torno a Sogama. El PP vuelve a la carga : Ante a ausencia de argumentos de peso que xustifiquen as irregularidades de xestión e as arbitrariedades promovidas polo actual presidente de Sogama, o responsable desta empresa pública ven de encargar unha auditoría, que custará 18.000 euros pagados con cartos de todos os galegos para tratar de desacreditar a xestión dos seus antecesores durante os anteriores Gobernos do PPdeG. A desesperación do presidente de Sogama, José Álvarez, é de tal calibre que logo devarios meses intentando buscar evidencias cos que tratar de cuestionar a xestión da empresa pública nas pasadas lexislaturas, acabou encomendando esa función a unha empresa externa nun intento á desesperada de “fabricar e manipular” hipotéticas probas coas que poder desviar a atención da opinión pública sobre as supostas ilegalidades cometidas desde o seu nomeamento por proposta do seu protector, o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez", aseguran los populares.

Y aún más en la dura nota del PP : "Do mesmo xeito, e fronte ás acusacións infundadas efectuadas polo presidente de Sogama e polo propio conselleiro de Medio Ambiente, o PPdeG aclara que algún dos artífices da denuncia presentada por persoal da empresa ante a Consellería de Economía é, segundo el mesmo ten recoñecido, militante do PSOE desde hai 28 anos, polo que dificilmente podería responder ás consignas dos populares galegos. Ese feito revela, simultaneamente, que durante a etapa na que o PPdeG dirixiu os designios de Sogama, as contratacións se efectuaban seguindo criterios de profesionalidade sen entrar a valorar –como si está a suceder na etapa actual- a filiación dos candidatos", afirma o portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas.