08 enero 2009

Trabajar cinco horas diarias por 6.000 euros anuales, la solución que la consellería de Cultura da al empleo de titulados universitarios

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- A Consellería de Cultura atopou a solución ao paro que castiga a numerosos universitarios galegos como consecuencia da grave crise económica, a través de contratos de un ano de duración, traballando 25 ou 30 horas semanais por un salario de 600 euros mensuais, denunciou hoxe o PP de G.
Estas son as condicións das que gozaron os bolseiros do CGAC durante o ano 2008 e as que terán os que obteñan esa bolsa en 2009, de acordo coa convocatoria publicada por Cultura no Diario Oficial de Galicia do pasado 2 de decembro.

As condicións desa bolsa establecen a obriga de traballar cinco horas diarias no CGAC ata o 31 de decembro de 2009 a cambio dunha remuneración total que non poderá exceder os 6.000 euros anuais, é dicir menos de 600€ ao mes. Para optar a esas bolsas a Consellería de Cultura esixe titulación universitaria, formación especializada, idiomas, coñecementos de informática, ademais de valorar os cursos de doutoramento, máster, asistencia a Congresos, publicación de libros e outras titulacións académicas.

“A Consellería de Cultura pide, aos aspirantes, currículum de especialistas para abonarlles bolsas insuficientes. Titulados universitarios traballando 25 ou 30 horas á semana por 600 euros. ¿É esta a maneira de potenciar o emprego de calidade dos nosos universitarios?”, pregunta o portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas. Agrega que co salario de dúas mensualidades, esas becacios nin sequera poderían pagar as 6 noites de aloxamento da conselleira de Cultura nunha suite dun luxoso hotel da Habana.

Ademais, aos “beneficiarios” destas bolsas prohíbeselles a realización de calquera outro traballo remunerado ou de gozar doutra bolsa, polo que se lles obriga a ter só eses de 6.000€ anuais como toda fonte de ingresos. Tampouco terán relación laboral coa Xunta, ao tempo que quedan expresamente excluídos da aplicación do Real Decreto 63/2006, de 27 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do persoal investigador, o que significará que poderán ser excluídos do réxime xeral da Seguridade Social como teñen os demais investigadores.

O PPdeG denuncia o abuso que supón que a Xunta de Pérez Touriño faga traballar 5 horas diarias a titulados universitarios cunha alta cualificación por menos de 600 euros mensuais e sen Seguridade Social, mentres el goza dos beneficios e dos luxos do poder malgastando o diñeiro público.