PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A consellería de Vicepresidencia denegou a axuda solicitada pola Deputación de Pontevedra para a única gardaría pública esistente na cidade, a da residencia Príncipe Felipe, según explicou hoxe en rolda de prensa a vicepresidenta provincial Teresa Pedrosa.
Vicepresidencia basea a súa negativa na "orde de 23 de xullo de 2008 pola que se convocan axudas para o mantemento das escolas infantís de O a 3 anos e os Puntos de atención á infancia (PAI) dependentes de corporacións locais, artigo 5 que establece que no suposto de non poder atender o total de solicitudes, a adxudicación efectuaráse segundo a maior puntuación acadada de acordo cos criterios de valoración establecidos neste mesmo artigo", según reza literalmente a resolución que tén rexistro de saida da Xunta de Galicia o 16 de decembro e que chegou á Deputación o día 12 de xaneiro.
Pedrosa indicou que, posta en contacto co correspondente departamento, se lle indicou que a causa da negativa da axuda foi a falta de crédito e sinalou que, "como consecuencia desta política sectaria e mentirosa, 120 familias de Pontevedra sufren as consecuencias na única gardaría pública da cidade que, en vista de que Vicepresidencia, o organismo que tén a competencia, non construeu ningunha, tivo que abrir a Deputación Provincial".
A vicepresidenta explicou, que co anterior goberno da Xunta, a institución provincial acadara o acordo de construir unha gardaría en Pontevedra. Co cambio de goberno na Xunta, os actuais mandatarios "denegaron axudas para o mobiliario e puxeron zancadillas perante dous anos e retrasaron o permiso de apertura". Das actuais 115 prazas, 40 son para personal do Sergas, 10 para o da Deputación e o resto (65) para o público en xeral, primando ás familias con menos recursos ás que lle resulta gratis o servizo que se ofrece das 7 da mañá ás 22,30 da noite perante todo o ano.
Pedrosa manifestou que non cree a explicación da Xunta de falla de diñeiro "pois sí o hai para levar, con cartos públicos, 25.000 mulleres a Silleda a un acto do BNG, ou para viaxar a Cuba cun séquito de 400 personas, e non o hai para facilitar gardaría pública a 120 familias con poucos recursos nin para pagar a 80.000 galegos acollidos á Lei de Dependencia".
A vicepresidenta provincial dixo que "a Xunta actual creou cero prazas de gardaría pública en Pontevedra e otorgou cero euros de axudas" e tildou de "mostra de política sectaria e mentirosa a que se lle enche a boca de falar de conciliar a vida laboral coa familiar e, na práctica, pon en peligro esto con 120 familias pontevedresas".
Na súa comparecencia, explicou que a gardaría finánciase coa aportación da Deputación (o 30%), os usuarios e a empresa adxudicataria (o 20%) e a subvención pública da Xunta para este tipo de gardaría públicas (o 50%). E cuantificou a axuda denegada aproximadamente en 50.000 ou 60.000 euros, según o número de alumnos.
Pedrosa calificou a denegación de Vicepresidencia de "insólita, pois é a primeira vez que non se lle da ningún tipo de axuda a unha gardaría pública" e lembrou que a Deputación xa ven asumindo, a maiores, competencias que son propias da Xunta e que non atende como é o caso de "manter cen nenos en Príncipe Felipe, o centro de día con 150 nenos ou as 115 prazas da gardaría pública que, en vista de que non hai ningunha en Pontevedra, tivo que asumir a Deputación".