MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .- O día 31 celebrarase a terceira edición do chamado «Encontro nacionalista» de Moaña. Consistirá como é habitual nunha cea no restaurante Arumes na que se homenaxeará este ano á profesora Elisa da Peña , que exerce actualmente no IES Paralaia en ensino de adultos e que antes foi directora do colexio de Abelendo e mestra no vello centro de Quintela. Os homenaxeados en anteriores edicións do encontro foron Geno Chapela e Xosé Carlos Vilaverde.