MOS (MORRAZO-tribuna) .- O Partido Popular de Mos respostou ás acusacións verquidas polo grupo municipal do BNG que aseguran que o presidente da Deputación de Pontevedra e presidente provincial do PP, Rafael Louzán, está a paralizar o desenrolo do proxecto do polígono empresarial de Arrufana. A voceira dos populares mosenses, Nidia Arévalo, informou hoxe de que “o informe desfavorable sobre o proxecto da Arrufana foi elaborado por un técnico da Deputación e non por Rafael Louzán, pero o presidente provincial ten que facerse eco dos informes técnicos porque se non sería un prevaricador”.
Arévalo critica o feito de que “queiran apropiarse do vial Guizán-Os Valos e insertalo dentro do polígono, xa que tódolos veciños que circulan a diario por el veranse obrigados nun futuro a atravesar o parque empresarial para seguir utilizándoo”. Ademais a edil do PP de Mos lembra que esta estrada “é da Deputación de Pontevedra e non se poden apropiar dela”.
Nidia Arévalo declarou tamén que “o ministerio de Fomento volve rirse unha vez máis de Mos porque “coma a futura autovía Pontevedra-Corfunco, a A-57, non ten conexión con Mos, dende o PP popoñiamos desviar o tráfico cara o parque empresarial da Arrufana polo vial Os Valos-Aeroporto para desconxestionar a estrada Guizán-Os Valos, que está saturada; pero dinnos que non se pode e finalmente establecen que todo o tráfico irá pola vía Guizán-Os Valos”.
A concelleira popular dixo tamén comprender que a existencia deste informe desfavorable sobre o proxecto da Arrufana lle moleste ó BNG “porque eles o único ó que se dedican é a facerlles de ponte ás administracións para que estas non se atopen coa oposición dos veciños e deixan pasar tódalas irregularidades que aparecen nos grandes proxectos de Mos como ocorreu no caso da Veigadaña, da nova autovía Vigo-Porriño e agora da Arroufana”, asegurou Arévalo.
A presidenta do grupo municipal do Partido Popular lembrou ademais que “fai meses que Concello, PP, Deputación e un técnico topógrafo percorremos a estrada Guizán-Os Valos para elaborar un anteproxecto de humanización da mesma e dotala de beirarrúas etc., pero aínda non recibimos resposta do Concello”. “Agora é o BNG quen leva a concellería de Vías e Obras, pero tampouco parece estar interesado en que se leve a cabo a humanización desta estrada”.
Comisión de Urbanismo
O pasado luns 21 de Outubro celebrouse unha Comisión Informativa extraordinaria de Urbanismo no Concello de Mos na que se presentaron alegacións ó futuro parque empresarial da Arrufana, sito nos termos municipais de Mos e Redondela, e na que participou a concelleira do PP mosense, Ana Rodríguez Cabaleiro. A edil popular fixo aportacións na elaboración das alegacións que finalmente se lle presentaron á consellería de Vivenda e Solo e que foron as seguintes:
A primeira alegación advirte da necesidade de “presentar o reflicto no informe técnico da arquitecta de data 15.10.2008”. A segunda alegación esixe “que ninguna finca quede sen acceso, garantindo que este se faga en boas condicións e que se respecten as servidumes existentes”. En terceiro lugar quérese “insistir en que o acceso ao polígono se faga cun enlace ca futura autovía A-57”. Na cuarta alegación a comisión pide “que se garanta por escrito a preferencia das empresas de Mos”. Na quinta solicítase “que se amplíe o prazo para formular alegacións co fin de convocar ós veciños afectados, exporlle a situación e que presenten máis suxerencias e alegacións”. E por último, a sexta alegación reclama “que se estude a ampliación do parque empresarial ás empresas que están na zona e a día de hoxe non entrarían no ámbito, previa consulta dos seus responsables”.