A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- O pasado 24 de setembro, dende as 10,00 da mañá ata as 13,00, tivo lugar na praia do Muiño, na Guarda, un programa de actividades de divulgación, achegamento econservación dos ecosistemas mariños. Actividade organizada pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Guarda. Dous autobuses recolleron ós alumnos de 4º de primaria dos Colexios da vila: As Solanas, Manuel Rodríquez Sinde, A Sangriña, Padres Somascos e San José.
3 monitoras fixeron 3 grupos e falaron cos nenos sobre os ecosistemas (que son, tipos, como se forman, en que se diferencian uns dos outros) as bandeiras azuis (que é unha bandeira azul, condicións para que se lle conceda a unha praia, praias de Galicia con bandeira azul), a degradación e reciclado (que os nenos se decaten do problema do exceso de lixo, da súa xestión...) e elaboraron bolboretas co lixo da praia, lembrando que mesmo cando pensamos que algo é lixo, pode ter inda moitas utilidades (as 3 R).
-Mostra Bibliográfica de Libros de Fondo Local na Sala de Exposicións Pequena do Centro Cultural de A Guarda.
Inaguración o sábado 4 ata o venres 17 de outubro. Organiza Consellería de Cultura. Biblioteca Pública Municipal. Horario: luns a venres de 10,00 ata 13,00 e de 17,00 at 20,00. Sábados de10,00 ata 13,00.
-Exposición de pintura na Sala de Exposicións Grande do Centro Cultural de A Guarda.
Artistas: Leopoldo García Méndez y Ana Reboredo Fernández. Muestra de temática figurativa y técnica libre. Inauguración: sábado 4 de octubre y finaliza o venres 17 de outubro. Horario: de luns a venres de 10,00 ata 13,00 e de 17,00a 20,00. Sábado de 10,00 ata 13,00. Colabora a Concellería de Cultura.