MADRID (MORRAZO-tribuna) .- O BNG votou no Pleno do Congreso a favor do Real Decreto lei para o abono acumulado e anticipado da prestación por desemprego aos inmigrantes que retornen aos seus países, mais instou ao Goberno a realizar acordos cos países de orixe co obxecto de coordenar políticas de retorno que permitan elaborar programas de inserción para os retornados.
Davila sinalou na súa intervención que “nestes momentos de crise económica, nos preocupan as medidas que se tomen en relación aos traballadores e traballadoras inmigrantes que poidan supór unha manifestación oportunista, perversa, utilitarista e incluso contraria aos dereitos humanos”.
Expresou a preocupación do BNG porque se poida contemplar o fenómeno da inmigración como “algo negativo na nosa sociedade, nun contexto de problemas de desemprego”. Mais “entendemos que o Goberno o que fai é doutarse dun recurso ao que poidan acceder voluntariamente as persoas que desexen retornar. Pero o retorno debe ser unha opción legal e non unha obriga”.
Un recurso que debe ser voluntario
Por iso, advertiu que “estas medidas non deben actuar como un elemento persuasivo ou de presión e que as persoas que se acollan a esta posibilidade o fagan voluntariamente”.
Demandou ao Goberno que se melloren este tipo de políticas no sentido de chegar a acordos cos países de orixe para coordenar políticas de retorno e así poder elaborar programas de inserción para os retornados.
Agardamos, enfatizou Davila, que “este Real Decreto poida servir de instrumento a moitas persoas que queren establecer o seu proxecto de vida nos seus países de orixe, pero tamén agardamos que o Executivo teña en conta as aportacións e suxerencias que lles fagan chegar os colectivos de inmigrantes”.