03 octubre 2008

Lores confirma aos afectados da A-57 que o Concello de Pontevedra alegará ao Plan de Estradas de Galicia


PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores entrevistouse esta tarde coa coordenadora de afectados da A-57 á que lle reiterou o posicionamento do Concello de Pontevedra, respaldado por todos os grupos políticos, contrario á variante número 5 que desdobra a A-57 para conectala con Penaidor, atravesando “e destrozando” as parroquias de Ponte Sampaio e Canicouva”, ademais de outros concellos limítrofes.
O alcalde, acompañado co director xeral de Infraestruturas, Xesús Gómez Viñas informou aos representantes da coordenadora que o Concello presentará alegacións ao Plan de Estradas de Galicia, que recementemente recibiu o servizo municipal de Urbanismo e Infraestruturas, e no que figuran erros importantes vinculados ao viario do municipio, entre eles a conexión da A-57 coa rede arterial de Vigo e o acceso a Peniador a través da conexión número 5.

Este vial, segundo o Concello, supón un desdobramento innecesario da A-57 que xenera un destrozo importante nas parroquias de Ponte Sampaio e a Canicouva, en Pontevedra, ademais de noutros concellos. Segundo lles explicou o alcalde afórranse 10 ou 12 kilómetros de vial pero cada kilómetro terá un custe aproximado duns 10 millóns de euros.
O rexidor manifestou que tratará de que esta alegación sexa tamén consensuada polos tres grupos políticos municipais representados no Concello, como cando se aprobara a alegación para o Estudo informativo para a conexión da autovía A-57 coa rede arterial de Vigo e o acceso a Peinador.