PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- Adenco esixe solucións ao Concello logo do terceiro resultado negativo. A praia de San Roque-Os Remedios, en Ponteareas, volve a resultar non apta para o baño, segundo se deriva dos resultados das análises realizadas pola Consellaría de Sanidade. Por terceira vez consecutiva, este areal do centro urbán de Ponteareas resulta, de novo, como un lugar non apto para o baño.
"Estamos, pois, ante un problema grave e continuado no tempo, que non é froito dunha circunstancia concreta, se non que é consecuencia do abandono do goberno municipal das políticas ambientais, sociais e sanitarias. A actuación do goberno local afecta ao Río Tea, espazo declarado Lugar de Interese Comunitario dentro da Rede Natura 2000, afecta á sociedade, que se ve privada dun lugar de esparcemento e disfrute no caluroso verán e pode afectar sanitariamente ás persoas que se bañen neste lugar ou augas abaixo", explican desde o colectivo ecoloxista Adenco.
Falta de solucións
Ante esta situación, que comeza a ser crónica, Adenco lamenta a falta de solucións á vista a este problema. Análise tras análise os resultados demostran que a zona non pode soportar máis os verquidos do regato da Venda, xusto debaixo da ponte de N-120. Porén, o goberno municipal parece non mover ficha e mira cara outro lado, polo que Adenco, nestes momentos, plantéxase tomar outras medidas para denunciar a situación e facer reaccionar ao goberno municipal, único responsable dos feitos.