MOS (MORRAZO-tribuna) .- O PP de Mos criticou o retraso que sufre a Lei de Dependencia no municipio. A concelleira popular, Ana Rodríguez Cabaleiro, informou hoxe de que hai formuladas máis de 250 solicitudes no Concello, das cales somentes entre 5 e 8 persoas están a recibir a axuda pertinente.
Rodríguez Cabaleiro asegurou que, a través dos datos recabados pola taballadora social municipal “pódese comprobar que tan só en Mos presentáronse case tantas solicitudes coma en todo Vigo”. A edil do Grupo Popular culpabilizou da demora neste senso á Xunta de Galicia “xa que no Concello teñen a unha persoa dedicada única e exclusivamente a recepcionar e cursar estas solicitudes” “O problema empeza cando chegan á Xunta, que é de quen depende a resolución”, dí Ana Rodríguez.
Ante a situación que están a sufrir as persoas dependentes da localidade, xunto coas súas familias, a concelleira do Partido Popular cre conveniente “entrar a analizar a Lei de Dependencia, que non está a ser efectiva ó 100%; a meirande parte das solicitudes están sen resolver dende Febreiro, cando entrou en vigor a lei, e as que están en marcha levan moito retraso, xa que aínda agora se están a pagar as mensualidades atrasadas de Maio”. Rodríguez Cabaleiro acusa tamén parte do problema a que “na mesma Xunta non teñen os criterios de selección entre dependentes e non dependentes, ou dos distintos graos de dependencia, moi claros chegando ó extremo de ter que visitar ata dous veces a un enfermo para comproba-lo seu estado”.
A edil do PP quixo destacar tamén que datos proporcionados pola traballadora social do Concello revelan a existencia dun elevado número de persoas dependentes no municipio, chegando a rexistrarse casos de familias con hasta 2 e 3 membros dependentes, incluso algúns grandes dependentes que son persoas que pasan o día encamadas. En definitiva, o PP de Mos critica o retraso e a tardanza desta Lei de Dependencia que “non é efectiva xa que non está a resolver os problemas dos mosenses dependentes”.
Lembremos que as máis de 250 solicitudes de axudas para persoas dependentes existentes en Mos se dividen en dous grupos: por un lado se atopan as persoas que se dedican íntegramente ó cuidado dun familiar enfermo polo que reciben unha paga mensual; e por outra banda están os que solicitan unha axuda domiciliaria a tempo parcial para que alguén coide á persoa enferma durante unhas horas ó día. Do primeiro tipo, somentes entre 5 e 8 persoas están a cobrar a correspondente paga.