35 comercios do Morrazo pertencentes a FECIMO investiron preto de 200.000€ no plan de axudas no Comercio do Morrazo, dos cales 102.000€ esperan ser subvencionados.
CANGAS-BUEU-MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .- Nestes últimos días foron tramitadas as axudas que a Consellería de
Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, pon a disposición dos comerciantes galegos.
Estas subvencións encádranse dentro do Plan de Renovación e Mellora do Comercio Galego que a Consellería abriu entre os anos 2006 a 2009. Dentro deste plan atópase un programa específico dirixido á adecuación do
comercio galego ao seu contorno competitivo, no que participaron a lo menos 35 establecementos asociados a FECIMO na Comarca do Morrazo.
Estes 35 asociados realizaron en conxunto un investimento de preto de 200.000€ para acadar unha mellora das instalacións do seu comercio ou incorporar novas tecnoloxías da información á xestión do establecemento.
Destes 200.000 €, espérase que sexan subvencionados a cantidade de 102.000 €, preto da metade do investimento.
Informatización do comercio galego:
Unha destas liñas de axuda vai encamiñada á adquisición de equipos e aplicacións informáticas destinadas especificamente á xestión comercial, así como caixas rexistradoras, terminais de puntos de venda, lectores de
códigos, etc., para mellorar a eficacia da actividade, redundando nun maior grao de competitividade e posicionándose dun xeito correcto no mercado actual mediante o aproveitamento e adaptación ás novas tecnoloxías.
Para esta liña, FECIMO presenta á Consellería de Innovación e Industria un Proxecto de Informatización do Comercio do Morrazo, mediante o cal os establecementos asociados poden acadar ata un 60% de subvención para o
seu investimento.
Dos preto de 50.000€ investidos neste aspecto, espérase que sexan subvencionados 27.000€.
Foron 18 os interesados en implantar unha infraestructura tecnolóxica no seu negocio. Esta é unha iniciativa que xa leva implantada dende o ano 2000 e dende entón son 400 empresas as beneficiadas por estas axudas.
Suponse que os interesados irán en descenso, dado que na Comarca do Morrazo a maioría dos comercios atópanse equipados informáticamente.
Mellora da competitividade do comercio galego:
Esta segunda liña vai encamiñada á creación dun comercio de calidade. Dentro destas axudas atópanse as dirixidas a reformas do establecemento, adopción de medidas orientadas á protección do medio ambiente e mellora
da imaxe do comercio retallista.
Foron 23 os interesados, pertencentes a sectores moi diversos. Entre eles suman un investimento de preto de 150.000€, dos cales espérase que 75.000 sexan subvencionados.
Cada vez son máis as empresas que buscan a súa competitividade na mellora das instalacións e o servizo ós clientes e apostan por unha continua mellora e renovación para crear un comercio de calidade.
As empresas que aposten por liderar proxectos competitivos baseados nas novas tecnoloxías, sirán adiante máis fácilmente. Algo só ó alcance dos máis preparados.