Trátase da mellora do acceso a San Eleuterio, que mañán verá acometida a súa última fase: o asfaltado da vía
MOS (MORRAZO-tribuna) .- A Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou esta mañá as obras que se están a realizar no acceso a San Eleuterio e que están xa a piques de rematar. Mañán acometerase a última fase deste plan de mellora, consistente no asfaltado da calzada. Outras das actuacións que se levaron a cabo foron o ensanchamento do vial, a cometida de beirarrúas e a instalación de farolas entre outras. O orzamento total que se investiu neste proxecto de mellora do acceso a San Eleuterio ascende a 490.000 euros, segundo informaron fontes municipais.
A rexedora local declarouse esta mañá durante a súa visita ás obras “moi satisfeita, xa que en tres meses as melloras de acceso están prácticamente rematadas”. E é que, segundo Arévalo, “esta obra estivo paralizada durante cinco anos e a punto de perder a subvención da Consellería de Vivenda e Solo mentres gobernaron os anteriores dirixentes municipais, e agora nós en tres meses non só a iniciamos senón que a remataremos xa durante a xornada de mañán”.