25 marzo 2009

El PP sigue maravillado ante el sarampión inversor que a las diez de últimas ataca a la conselleira Caride

A Consellería informa na súa páxina web dunha nova adxudicación por 49M de euros do treito Celeiro-San Cibrao do VAC da Costa da Morte para o próximo día 30 de marzo
POLÍTICA TERRITORIAL SEGUE A ADXUDICAR OBRAS QUE SUMAN MAIS DE 180 MILLÓNS DE EUROS DAS ARCAS PÚBLICAS GALEGAS PESE A ESTAR EN FUNCIÓNS
* O deputado electo do PPdeG Agustín Hernández Fernández de Rojas denuncia este afán inversor da Consellería cando o que realmente debería estar a facer é facilitar o traspaso de poderes para que sexa o novo Goberno o que tome as decisións oportunas

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Consellería de Política Territorial, pese a encontrarse en funcións, segue coa súa présa na adxudicación de obras alcanzando xa un montante de 180 millóns de euros das arcas públicas galegas nun intento de hipotecar a capacidade do novo Goberno galego para tomar as decisións pertinentes. Esto se produce despois de que a Consellería informe na súa páxina web dunha nova adxudicación por un importe de 49 millóns de euros do treito Celeiro-San Cibrao do VAC da Costa da Morte para o próximo día 30 de marzo.

Este anuncio de adxudicación únese a tramitación dunha decena de concursos de obra pública que Política Territorial segue a tramitar e que no seu conxunto supoñen arredor de 130 millóns de euros. Así mesmo a Consellería está a tomar decisións que poderían hipotecar o futuro Goberno do PPdeG na Xunta de Galicia como é a iniciación do levantamento de actas previas á expropiación de terreo no trazado de Vilagarcía a Pontevedra, trazado que por outra banda o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, xa anunciou que modificaría.

Para o deputado do Grupo Popular Agustín Hernández “a Xunta debería darse conta de que se atopa en funcións e non pode tomar decisións que poidan hipotecar a labor do novo Goberno resultante das urnas”. Deste xeito pídelle que paralice de forma inmediata todas as adxudicacións que están a tramitar “con a presa que non tiveron nestes anos”.

Segundo Agustín Hernández o que debería de estar a facer a Xunta é facilitar o traspaso de poderes e deixar que sexa o novo Goberno o que tome as decisións oportunas en asuntos transcendentes e que requiren dunha gran inversión económica.