27 marzo 2009

Do 15 de abril ao 28 de xuño realizaranse 88 concertos en 27 espazos de interese cultural e histórico espallados por toda a xeografía galega

A SEGUNDA EDICIÓN DE “ESPAZOS SONOROS” ACHEGARÁ A MÚSICA CLÁSICA,
CONTEMPORÁNEA E EXPERIMENTAL A LUGARES DO PATRIMONIO CULTURAL

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Espazos Sonoros conxuga música vocal, antiga, de cámara e de órgano con propostas contemporáneas de jazz, canción de autor e experimentación

Os concertos desenvolveranse en museos, igrexas, mosteiros, pazos e
espazos singulares como a illa de San Simón, o forte de San Lourenzo e o
aeródromo de Rozas

O festival ábrese o 15 de abril coa actuación no Hostal dos Reis
Católicos en Santiago de Tasto Solo e Germán Díaz

A Coruña, Vigo, Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra, Sada, Betanzos,
Padrón, Noia, Cervo, Guntín, Monforte, Castro de Rei, Celanova, O Barco,
Ribadavia, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, Cambados, Redondela, Tui
e Tomiño acollerán concertos deste festival


MÁIS INFORMACIÓN:
http://culturaedeporte.xunta.es/actualidade/nova.php?id=949&lg=gal