Visitas guiadas no Banco do Tempo da Favec
VIGO (MORRAZO-tribuna) .- O Banco do Tempo (BdT) da Federación Veciñal “Eduardo Chao” organiza novas visitas guiadas durante os meses de marzo e abril:
O martes 31 marzo ás 17:00 horas haberá unha saída ás Salinas de Rosalía de Castro ; o Centro Arqueolóxico do Areal guiará aos visitantes no seu percorrido polas Salinas e amosará a técnica de obtención do sal e os usos que lle daban os romanos na sua vida cotiá.
O mércores 1 de abril ás 10:00 horas, visita guiada pola biblioteca Central (R/Joaquín Yañez nº 6), para coñecer a historia da biblioteca, a súa organización e funcionamento.
O xoves 2 de abril ás 11:15 horas, visita o Centro de Artesanía Tradicional,”CAT” para coñecer a fondo sete oficios tradicionais: os ferreiros, as tecedoras, os guarnicioneiros, os canteiros, os carpinteiros, os alfareiros e os cesteiros. Tamén o traballo dos vimbios para rematar coa demostración “in situ” do traballo dunha cesteira chea de experiencia.
O mércores 8 de abril ás 11:00h, visita á Vila Romana de Toralla na finca de Mirambel, a carón da praia do Vao para coñecer as termas e salinas.
Todas as visitas son gratuítas, en cada unha poderán participar 15 persoas sexan ou non socias do Banco do Tempo. Para anotarse poden achegarse á Federación Veciñal “Eduardo Chao” na praza da Princesa nº7, 2º, chamar ao 986 223 067 en horario de 9:30 a 13:00 horas ou enviar un e-mail a bancosdotempo@favec.es. Terase en conta a orde de inscrición para cubrir as prazas dispoñibles.