28 marzo 2009

Ante las obstinaciones de Touriño negándose a ir llevando a cabo un traspaso de poderes, Feijoo pide calma y sentido común

O presidente do PPdeG afirmou que nesa regulación figurará un precepto que diga claramente que a partir do día seguinte as eleccións e se outra forza política as gañara os consellos da Xunta serán previamente notificados en canto o seu contido a forza política gañadora
Feijóo: "regularei os traspasos de poderes de forma clara"
* "O traspaso de poderes se debe de producir con tranquilidade e responsabilidade como así o entendimos no goberno do Estado en marzo de 2004"
* Recordou que 48 horas despois de que Zapatero gañara as eleccións o vicepresidente Javier Arenas o chamou para que designase as persoas para facer o traspaso e estas inspeccionaban todos os asuntos que foron aos Consellos de Ministros
* "No ano 2005 o problema era que non sabíamos con quen tíñamos que falar, Touriño e Quintana chegaron a un acordo despois dun mes de celebradas as eleccións e tres días despois do acordo verbal ao que chegaron, segundo saíu na prensa, Fraga reuniuse co candidato Touriño"

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, indicou hoxe que un dos compromisos que asume será regular os traspasos de poderes de forma clara. Nesa regulación figurará un precepto que diga claramente que a partir do día seguinte a celebración de eleccións, e outra forza política as gañe, os consellos da Xunta serán previamente notificados en canto aos seus contidos a forza política que as gañara.

Deste xeito o goberno en funcións non poderá aprobar nada que previamente a forza política que gañara as eleccións non lle dera o visto bo e se someterá ao goberno entrante para que vea as ordes do día dos consellos e indique que teman se poden e deben aprobar.
O máximo dirixente do PPdeG pediu responsabilidade, tranquilidade e sosiego e indicou que os membros da actual administración da Xunta xa deberían estar traballando con persoas designadas polo futuro goberno.

TRASPASO DE PODERES DO PP

“Así o entendimos, por exemplo, no traspaso de poderes de marzo do 2004 cando Zapatero gañou as eleccións”. Alberto Núñez Feijóo recordou que o 16 de marzo do 2004, 48 horas despois de celebrarse as eleccións o Vicepresidente do Goberno Javier Arenas chamou a Zapatero para que designase as persoas do PSOE para facer o traspaso e estas inspeccionaban todo o que iba ao Consello de Ministros. Deste xeito o Consello de Ministros estaba baixo a tutela do partido que iba a asumir o goberno.

TRASPASO NO 2005

O presidente do PPdeG indicou que fai catro anos houbo outro traspaso de poderes en Galicia “a pesar de que o PP gañou as eleccións pero obtivo a maioría absoluta menos un deputado” pero nese caso “o problema e que non sabíamos con quen tiñamos que falar”.

Alberto Núñez Feijóo recordou que foi necesario esperar a que o PSOE e BNG, Touriño e Quintana, chegaran a un acordo “ao que chegaron segundo reflexaron os medios o 19 de xullo do 2005, ou sexa, un mes despois de celebrarse as eleccións”. Unha vez que había interlocutor se tardou 3 días en celebrar a reunión entre Fraga e Touriño.

O presidente do PPdeG pediu responsabilidade, tranquilidade e sosego xa que “en política como na vida hai que saber gañar e tamén hai que saber perder e no momento de marchar hai que aceptalo”.