31 marzo 2009

El PP vuelve a denunciar la obsesión de Caride por vaciar la caja de caudales de su departamento y dejar tres perras gordas a su sucesor

Adxudicou onte, por 32 millóns de euros, as obras do tramo Celeiro-San Cibrao, da VAC da Costa Norte
POLÍTICA TERRITORIAL CONTINÚA BALEIRANDO A CAIXA DE CAUDAIS PARA RECORTAR O MARXE DE MANOBRA DO NOVO GOBERNO DO PPdeG
· O deputado popular Agustín Hernández exhorta a María José Caride a que se absteña de adoptar decisións que hipotequen ao futuro Goberno
· As adxudicacións masivas e os intentos de “colocar” en postos públicos A persoas afíns ao PSOE e ao BNG por parte do Goberno en funcións demostra que os socios do bipartito non saben perder e lles custa aceptar o veredicto das urnas

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O Goberno bipartito en funcións continúa a hipotecar e tratando de poñer trampas ao futuro Executivo do PPdeG cucha cascada de adxudicacións que debería deixar ao criterio do equipo entrante. A Consellería de Política Territorial deu onte un novo paso neste sentido e adxudicou, por 32.329.182 euros, as obras do tramo Celeiro-San Cibrao da vía de alta capacidade da Costa Norte, ignorando que leva un mes en funcións e debería absterse de adoptar decisións de fondo calado económico, como a referida.

A xuízo do deputado do PPdeG por Pontevedra Agustín Hernández Fernández de Rojas, a longa nómina de decisións de ámbito económico adoptadas pola conselleira de Política Territorial desde que se atopa en funcións obedece a unha “estratexia premeditada do PSOE para valeirar a caixa de caudais da Administración autonómica antes da toma de posesión do novo Goberno, tratando de atalo de pes e mans para recortar en todo o posible a marxe de manobra dos novos xestores”.

NON MÁIS DECISIÓNS QUE HIPOTEQUEN AO FUTURO GOBERNO

Por iso, Agustín Hernández exhorta a María José Caride e ao propio Touriño a que se absteñan de adoptar máis decisións que hipotequen ao futuro Goberno do PPdeG e pídelles que, de unha vez por todas, acepten as regras de xogo democrático e asuman o resultado das Eleccións do pasado 1 de marzo.

A sucesión de adxudicacións efectuadas pola Xunta en funcións desde o pasado 1 de marzo súmanse a outras prácticas irregulares, como o empeño da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e da Consellería de Medio Ambiente para deixar “colocados” en postos públicos a persoas afíns que nun momento dado podan actuar como “submarinos” desde o interior da Administración autonómica.
SABER PERDER
“Uns e outros, coas súas prácticas anómalas, están a demostrar que non saben perder e que lles custa aceptar a decisión democrática dos galegos, expresada nos comicios do 1-M”, agrega o deputado popular por Pontevedra”.