25 marzo 2009

El diputado electo Agustín Hernández pone las peras a cuarto a la polémica conselleira en funciones M.X.Caride

O deputado electo, Agustín Hernández, lamenta a actitude da conselleira en funcións que ademais de facer as cousas mal intenta xustificarse
FEIJÓO NON ADXUDICOU UN SO EURO PARA OBRAS PÚBLICAS MENTRES FOI VICEPRESIDENTE EN FUNCIÓNS
· Hernandez afirmou hoxe que a conselleira sabe que a consellería de Obras Públicas do último goberno Fraga non adxudicou obras, mentras que ela dende que está en funcións está a tramitar adxudicacións por máis de 130 millóns de euros en diversas obras de estradas
· Despois de ter a consellería parada e con retrasos durante máis de tres anos, agora lle entran as prisas e fai o que non debe hacer, en ningún caso un goberno en funcións.
· É lamentable que a conselleira Caride está a adxudicar e mais ainda que o presidente en funcións o permita, en contra do que defendía cando estaba na oposición.
· A conselleira de Política Territorial ignora que xa se atopa en funcións e continúa a dedicar os últimos días do seu mandato a tomar decisións de fondo calado económico para restar marxe de manobra ao equipo que a suceda á fronte dese departamento autonómico.
· Hernández recordou as palabras feitas hai case catro anos pola ministra Elena Espinosa que en Boiro dicía que un Gobierno que esté en funciones no debe de tomar decisiones que hipotequen el futuro de los nuevos gobernantes.

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O deputado electo, Agustín Hernández, afirmou hoxe que, “Feijóo sendon vicepresidente en funcións non adxudicou un so euro para obras públicas” e lamentou a actitude da actual conselleira de Política Territorial en funcións que, ademáis de estar a facer as cousas como non se debe intenta desviar a atención culpando aos demais da súa mala “praxis”.

“Os galegos e as galegas son mais intelixentes do que cree a señora Caride e no día de onte fixo levantamente de actas previas dun trazado dunha estrada que os populares galegos, gañadores das eleccións autonómicas galegas, afirmaron que ían modificar o trazado da estrada e o goberno en funcións está a comprometer actuacións que non son de trámite. Quere desviar a atención pero non o consigue”, dixo o deputado electo.

Hernandez afirmou hoxe que a conselleira sabe que a consellería de Obras Públicas do último goberno Fraga non adxudicou obras, mentras que ela dende que está en funcións está a tramitar adxudicacións por máis de 130 millóns de euros en diversas obras de estradas.

“Despois de ter a consellería parada e con retrasos durante máis de tres anos, agora lle entran as prisas e fai o que non debe hacer, en ningún caso un goberno en funcións”, resaltou.

Ademáis, este mesmo departamente está a aprobar modificados de obras e proxectos complementarios que non corren urxencia algunha e, polo tanto, deberían ser analizados polo novo equipo directivo desa Consellería.

“É lamentable que a conselleira Caride está a adxudicar e mais ainda que o presidente en funcións o permita, en contra do que defendía cando estaba na oposición”. Os populares galegos consideran que non se pode estar en misa e replicando, que é o que está a facer todo o día o PSOE.

Os populares galegos consideran que os socialistas, unha vez máis e como levan a facer nos últimos tres anos e medio, utilizan a Xunta para insultar e calumniar inxustificadamente aos populares.

LEGAL PERO NON ÉTICO
Hernández recordou as palabras feitas hai case catro anos pola ministra Elena Espinosa que en Boiro dicía que un Gobierno que esté en funciones no debe de tomar decisiones que hipotequen el futuro de los nuevos gobernantes.

BALEIRA A CAIXA
Hernandez afirma que a conselleira Caride pretender baleirar deliberadamente a caixa para limitar a marxe de manobra e hipotecar a capacidade do próximo Goberno galego, nun claro exercicio de deslealdade institucional. Por iso, os populares galegos esixen a Caride e a Touriño que paralicen inmediatamente as adxudicacións masivas que están a efectuar e deixen ese tipo de decisións para o próximo Executivo do PPdeG.

A conselleira de Política Territorial ignora que xa se atopa en funcións e continúa a dedicar os últimos días do seu mandato a tomar decisións de fondo calado económico para restar marxe de manobra ao equipo que a suceda á fronte dese departamento autonómico.