"Sampedro puxo de manifesto a sua incapacidade, con abandono de responsabilidades, despilfarro e a carencia dun proxecto cultural para Ponteareas"
O BNG leva ao pleno a demisión do concelleiro Andrés Sampedro pola nefasta xestión en Cultura, Xuventude e Comercio
PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .-O BNG de Ponteareas cualificou, a traverso do seu portavoz municipal, Bolívar González de “nefasta, despilfarradora e sin contar cos colectivos culturais e sociais, a xestión da Concellería de Cultura e Xuventude” Os nacionalistas consideran que o goberno municipal do PP no que Andrés Sampedro é Concelleiro de Cultura, Xuventude e Comercio, carece dun proxecto cultural globalizado e con vocación de futuro, con perspectiva e que poña en valor as nosas potencialidades.
Bolívar González considera que a ausencia de proxecto cultural, a acumulación de graves feitos con múltiples despropósitos, despilfarros económicos e o abandono de responsabilidades, que se teñen producido nestes case dous anos, con Sr. Sampedro a cargo de Cultura, Xuventude e Comercio, move ao BNG á pedir a súa demisión, por ter demostrado que non reúne as mínimas condicións para exercer a súa responsabilidade. O BNG destaca aquelas actuacións máis nefastas que son responsabilidade directa do concelleiro do Partido Popular, Andrés Sampedro.
Andrés Sampedro negouse a aclarar porqué xustificou o gasto de 9.000 nunha revista sin editar. Sampedro non quixo explicar no pleno da Corporación esta xustificación, despois o PP tamén impediu a creación dunha comisión de investigación, que permitise aclarar o acontecido. O Sr. Sampedro preferiu esconderse polos seus erros, antes de dala cara e información sobre a utilización dos impostos de todos, na edición de “Soberosum”.
Abandono e despreocupación sobre o patrimonio do Concello. O Castro de Troña totalmente esquecido, dando aos visitantes unha imaxe lamentábel de total abandono. Asfaltado da calzada que había ao pé da Ponte de San Roque, no entorno protexido e sen ningún tipo de autorización. Museo Municipal permanentemete pechado, en estado de abandono e sin director.
Sen axudas para colectivos culturais e sociais. Nos orzamentos anuais do Concello non se contemplan axudas para os distintos colectivos sociais (culturais, veciños/as...), colectivos que dotan todo ano de vida cultural o noso concello e que suplen a labor da Concellería de Cultura.
Despilfarro na promoción de artistas de O.T. en lugar de potenciar o Corpus. O Concelleiro de Cultura Sr. Sampedro, xustificou o gasto de 126.484,52 euros no Corpus do 2008. A maior parte deste gasto foi para unha gala de Operación Triunfo, mentras que para a difusión do Corpus e apoiar os alfombristas, auténticos artistas da festa e da sua pervivencia, adicoulle cantidades ridículas.
Programacións culturais e festivas pésimas dun goberno sin ideas nin criterio. Nestes case dous anos, o Sr. Sampedro ten sido o responsáble da “pésima e pobre”, programación cultural e festiva, realizando actividades “resesas”, sin atractivo para veciños e visitantes, que nin ilusionaron para a celebración festiva nin tiveron atractivo para animar a actividade comercial na vila.
Promoción das grandes superficies comerciais en prexuicio do comercio local. Andrés Sampedro, que tamén é concelleiro de Comercio, no pasado nadal deixounos outra mostra da sua incapacidade. Publicitou nas carrozas a unha grande superficie comercial doutra localidade, perxudicando gravemente ao pequeno comercio de Ponteareas
Esquecemento da figura de Fermín Bouza Brey e do premio que leva o seu nome. O 31 de marzo celebrase o aniversario do nacemento do insigne poeta e polígrafo ponteareán Fermín Bouza Brey. Dende a Concellería de Cultura levanse tres anos sin convocar, o premio de investigación que leva o seu nome e sin publicar aínda a obra premiada na última convocatoria.
Ponteareas non conta con locais de ensaio e perde máis de 100.000 euros. Ponteareas perdeu un investimento de máis de 100.000 euros, por ser incapaz, Andrés Sampedro, como concelleiro de Xuventude, de poñer a disposición de Vicepresidencia da Xunta o espazo no que ubicar os locais de ensaio, privando así aos mozos/as dun lugar donde ensaiar. Unha mostra máis de incapacidade.
O BNG considera que o Sr. Sampedro ten que asumir a responsabilidade política da sua nefasta xestión e demitir como Concelleiro de Cultura, Xuventude e Comercio.