Vigo non pode dar marcha atrás no seu compromiso de que a gota de leite acolla o albergue para as persoas sen teito
O goberno local ten máis alternativas que ocupar o edificio da gota de leite para solucionar os problemas de espazo que agora di ter a policía local
VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Nueva llamada a las conciencias desde la Federación Vecinal con el asunto del edificio que debería ser destinado a albergue para indigentes y que, al final, el Concello pretende dedicar a otros fines...
"A Federación Veciñal pide que coas persoas máis empobrecidas se impoña finalmente a solidariedade fronte ao capricho político. Chámanos poderosamente a atención que xusto agora que existe un proxecto firme para convertir a gota de leite no albergue público que necesita a cidade é cando goberno e policía local apresúranse a expoñer as súas necesidades e urxen como única alternativa ocupar o recinto xa adaptado ao seu uso como albergue.
Por que se valoran alternativas para o albergue que non son máis que parches para ir saíndo do paso e non se valoran outras posibilidades si é que a policía local realmente precisa máis espazo? A carón do Concello mesmo existen outros edificios válidos como a Panificadora con espazo suficiente para acoller a Biblioteca Estatal pero tamén dependencias policiais, tamén o persoal de Alcaldía pode liberar espazos e empregar o edificio do antiguo rectorado. Está claro que o que sobran son alternativas e o que falta é vontade ou quizáis sexa pouco digno dun consistorio que vive de costas á cidadanía toparse coa realidade das persoas que máis axuda necesitan tan de preto…
Basta xa de parches, de mentiras e de maniobras encubertas. É hora de facer as cousas ben e debe comenzarse polos cimentos, polas persoas que malviven e máis necesitadas, por iso o edificio da gota de leite debe seguir a cumprir co cometido social para o que foi concebido e acoller o albergue, comedor público, servizos sanitarios, centro de emerxencias sociais, talleres e outros servizos que precisan centos de persoas empobrecidas nesta cidade", señala la FAVEC en su texto emitido esta mañana.
"Da igual quen estea á fronte das administracións mentres as persoas sen teito e empobrecidas sigan estando na rúa, con fame e morrendo de frío, xa que cando falamos de necesidades humanas básicas a súa atención debe ser unha prioridade goberne quen goberne".