30 marzo 2009

Nuevo impulso a la política de apoyo a clubs y entidades por parte de Deputación de Pontevedra

AMEGROVE E O CLUB DE REMO MECOS PODERÁN DISPORÁN DE MEDIO DE TRANSPORTE PROPIO GRAZAS Ó APOIO DA DEPUTACIÓN

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, asinou hoxe dous convenios de colaboración CON José Diego Portela Castro, Presidente de Amegrove e con Juan Ramón Outeda Montenegro, Presidente de Clube de Remo Mecos, que posibilitarán a compra de dous vehículos para o transporte de persoas a estas entidades.

Concretamente, Amegrove poderá dispoñer dun vehículo marca Citröen modelo Jumper de 9 prazas, con aire acondicionado e terceira fila de asentos. O importe deste coche será de 31.752 euros. Pola súa banda, o Club de Remo Mecos disporá dun vehículo marca Citröen modelo Jumper 33L2H2 Combi Club 160, con aire acondicionado e radio CD con mandos ó volante. O importe neste caso será de 36.235 euros.

Segundo explicou Durán, esta acción enmárcase nun plan impulsado pola Deputación en colaboración con Caixanova e Citröen que terá por obxecto a concesión de vehículos a 40 entidades asistenciais e deportivas da provincia sen ánimo de lucro.

Os coches están valorados nun total de 67.987 euros. Deste orzamento, a Deputación asumirá o 23,1%; Caixanova outro 23,1% e, pola súa banda, a entidade automobilística Citröen realizará un desconto no prezo do 30,7% de xeito que, finalmente, cada club asumirá a contía restante, outro 23%..

O vicepresidente comentou finalmente que esta acción, ademais de satisfacer unha demanda recorrente por parte dos colectivos sociais e deportivos da provincia, tamén contribuirá á reactivación económica de sectores clave na economía provincial como é o da automoción e xerar emprego nestes momentos de crise económica.

A Deputación está a investir nesta iniciativa un orzamento de preto de tres millóns de euros. Beneficiaranse neste plan 80 entidades de carácter social e deportivo da provincia.