25 marzo 2009

Llamamiento de la FAVEC para participar este sábado en la protesta que habrá en Moaña por el transporte de Ría (delante del muelle de viajeros)

Recuperar o transporte de ría é o primeiro paso para salvar o transporte metropolitano
A FAVEC anima á cidadanía a participar na protesta deste sábado para non perder o transporte de ría

MANIFESTO DA FEDERACION DE ASOCIACIONS DE VECIÑOS DE VIGO
A FAVEC considera de especial gravidade que unha vez máis a área de Vigo quede fóra do Plan Galego de Transporte Metropolitano e que se permita a desmembración das comunicacións coa suspensión dos servizos marítimos. Non pode o goberno galego quedar de brazos cruzados ante esta agresión á cidadanía por mor da interinidade do seu mandato; lembramos que ata o día mesmo da transmisión é o Sr. Touriño quen goberna en Galicia.

Consideramos que non é xusto exixir que o Concello de Vigo soporte o groso da subvención do transporte de ría, cando ata o día de hoxe os usuarios de Cangas, Moaña ou Bueu fan uso indiscriminado do transporte subvencionado do Concello de Vigo. Non obstante, urximos unha resposta por parte das administracións, como a creación inmediata dun Consorcio de Transporte participado polos tres concellos que salve o transporte de ría, que reparta equitativamente as cargas a subvencionar en función da procedencia dos usuarios e que sirva para potenciar a movilidade no ámbito dos tres municipios.

Na creación deste consorcio e na colaboración entre os concellos en materia de transporte está a clave para asentar as bases dun servizo de transporte metropolitano, extensible de forma voluntaria ao resto de concellos da área de Vigo, e máis asequible a través das súa subvención. O crecemento dos usuarios e rentabilidade do servizo dependen da posibilidade de transbordar con axilidade de un medio a outro e a un precio razonable, é por isto que a FAVEC considera moi positiva a participación doutras entidades como a Concesionaria de Transporte Vigo, VITRASA, sola ou asociada para a prestación do transporte de ría e outros servizos integrados. A suscrición dun convenio que garanta a mellor calidade do servizo permitiría percibir as subvencións dos tres concellos, excluíndo do acordo a quen se preocupa só dos seus beneficios sen contar coas necesidades dos usuarios.
O transporte público debe ser unha prioridade en todo momento, pero maior aínda en tempos de crise, cando usuarios e administración precisan dun sistema de mobilidade económico, eficiente e non contaminante. A mesma U.E. recomenda fomentar un transporte marítimo que é “barato, que desconxestiona as estradas e reduce as emisións de CO²”.