A DEPUTACIÓN ELIMINA UN PUNTO NEGRO NA INERSECCIÓN DA ESTRADA
COIRÓN-RIBADUMIA-LEIRO CO ACCESO A SISÁN
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o director de Infraestruturas, Agustín Hernández, supervisaron hoxe a actuación realizada pola institución provincial na estrada Coirón-Rubadumia-Leiro, no acceso á estrada Sisán-Ponte Estacas.
A obra executada consistiu na creación dun sobreancho na calzada e na dotación dun carril de espera e dunha semirotonda para facilitar os cambios de sentido na intersección das estradas provinciais 9305 e 9502.
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Esta actuación precisou un investimento de 70.000 euros. Segundo manifestou o presidente “aínda que o importe da actuación non foi demasiado cuantioso en comparación con outras obras executadas pola institución”, sen embargo, a obra serviu para eliminar un punto negro no que se producían múltiples incidentes”.
Louzán concretou que con esta acción a Deputación reduciu a perigosidade que rexistraba o cruce da estrada co acceso a Sisán, principalmente para os viandantes e coches que procedían de Meaño e pretendía desviarse a Sisán, debido ó continuo paso de vehículos pesados e de gran tonelaxe. Concretamente, unha media de 10.000 vehículos diarios.