Sr. Director :
este luns lei no Faro de Vigo as alucinantes declaracións do dono do Celta, o señor Mouriño. E xa está ben!.
Hasta cando imos ter que aguantar o engaño?. O actual Presidente véndenos que a culpa do estado actual do Celta é do anterior presidente. Se non recordo mal, o anterior presidente deixou o equipo en primeira clasificado na Uefa e cunha plantilla plagada de internacionais. Na actualidade, tan só tres anos despois, o Celta está loitando por non descender a 2B, e cunha plantilla onde os cracks (refírome polos emolumentos) son Ruben e Peña. Neste club están a suceder cousas moi raras, e o perigo de desaparación é unha realidade. Tres años de fracaso deportivo e económico, con gravisimos erros na xestión do club que votou os socios do estadio. O actual Presidente coido que pasará a historia do Celta como o peor da súa historia, por méritos propios. E como sempre o de sempre ¡Ala Celta!
Xoan Vázquez Rivadulla (Vilaboa)