VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- No día de hoxe, luns, 23 de marzo de 2009, producíronse un total de 37
incendios en todo o territorio galego (5 na Coruña, 5 en Lugo, 19 en Ourense e 8 en Pontevedra). Todos eles foron extinguidos ou controlados polos efectivos do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais que, nestes intres, conta cun total de 230 brigadas (entre traballadores fixos, fixos-discontinuos e persoal de reforzo de SEAGA), así como cunha dotación de arredor de 150 motobombas e de 15 medios aéreos. Nestes intres (caída da tarde), non hai ningún foco activo en toda Galiza.