Tras o seu paso pola costa do Mediterráneo, o Simposio Internacional de Ciencias do Mar recala en terras atlánticas coa celebración en Vigo da súa segunda edición, que reunirá na cidade boa parte dos investigadores punteiros a nivel mundial no eido da oceanografía. Baixo a coordinación da Facultade de Ciencias do Mar, entre o 27 e o 30 de abril, presentaranse preto de 350 relatorios orais e poster e agárdase a presenza de máis de 300 asistentes entre investigadores e estudantes. Para o decano do centro, Jesús Souza, este é unha iniciativa que vai servir para colocar á facultade no panorama internacional, “aínda que grazas sobre todo á calidade do material humano que a compón, xa estamos moi ben conceptuados entre a comunidade científica e docente deste campo”. Cunha importante presenza de estudantes, o encontró contará tamén cun foro de emprego con empresas do sector.
A organización deste congreso internacional é unha iniciativa dos decanos de Ciencias do Mar das cinco facultades de España, de xeito que cada dous anos, unha delas acolla este evento. A primeira das edicións en 2007 en Valencia deixou a testemuña a Vigo, “algo que xa herdei dos meus antecesores no decanato e que acollemos con moitas gañas e esperando que saia todo ben”, explica Souza.
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- (M. Del Río | Diario da Universidade de Vigo)

Contidos interdisciplinares e papel destacado dos estudantes
Durante os catro días de duración deste simposio trataranse todos aqueles temas relacionados coa oceanografía. “É un congreso multidisciplinar e abarca todos os campos relativos ás ciencias mariñas dende un punto de vista de tópicos de oceanografía, polo que o imos agrupar as comunicacións nos ámbitos químico, físico, biolóxico e xeolóxico”, explica Souza.
Dende a organización agardan reunir neste simposio aos estudantes, profesionais e persoas en xeral ligadas ao mar. “Gustaríanos que se convertera nun foro de debate onde os científicos presenten os seus resultados e os estudantes poidan actualizarse, completar a súa formación e tamén obter ideas sobre os campos aos que queiran encamiñarse no futuro”.
Entre os traballos recibidos, o decano explica que abordan temas como ciclos bioxeoquímicos, teledetección, ecoloxía e fauna antártica, contaminación... , pero o congreso está aberto a que os investigadores presenten aquelas investigacións nas que están traballando actualmente.
Outro dos piares sobre os que se asenta esta edición do simposio son os estudantes, xa que fronte a outros congresos de contidos moito máis específicos, “este ten unha connotación interdisciplinar, o que para os estudantes é unha vantaxe xa que supón un complemento á súa formación, non só para os de Ciencias do Mar, senón tamén para os de Bioloxía ou de Química”, subliña o decano. A organización agarda, máis que unha afluencia masiva, que os estudantes teñan un papel preponderante e poidan ver que os seus profesores están facendo investigación punteira, que están moi ben colocados e recoñecidos a nivel mundial.
Con todo, os investigadores e científicos, tanto os que presentan traballos como os convidados, “son os que realmente fan o congreso”, achegando aspectos do seu traballo, punteiros e moi actuais, “que aínda non se poden atopar nos libros”.
Participantes de relevancia internacional
En total, a organización agarda contar con máis de 300 participantes aproximadamente, entre investigadores e estudantes “algúns deles alumnos de Ecuador, de Chile, de Brasil e das facultades de toda España”, destaca Souza Troncoso.
Ao longo das catro xornadas presentaranse arredor de 90 comunicacións orais e 280 en formato poster, ás que hai que engadir as dúas conferencias plenarias diarias de científicos de recoñecido prestixio. Entre eles cabe subliñar a presenza de Antony Underwood da Sydney University, “un número un na súa materia que traballa en deseño experimental e bioloxía mariña”. Xunto con el, entre os convidados destacan Ana Ramos Marto, do Centro Oceanográfico de Málaga; Santiago Hernández León, decano da Facultade de Ciencias do Mar da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria; Des Barton e Xosé Antón Álvarez Salgado, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo; Ana Vila Concejo, da Sydney University; Angelo Camerlenghi, da Universidad de Barcelona e Bilal Haq, da National Science Foundation.
O programa completarase con visitas guiadas ao Museo do Mar e ao Parque Natural de Illas Atlánticas e cun foro de emprego no que os estudantes poderán coñecer de primeira man aos seus posibles futuros empregadores. A organización desta mesa redonda corre da man da Asociación de Oceanógrafos de Galicia, sita na Facultade de Ciencias do Mar. Os estudantes desta titulación poderán convalidar a súa asistencia por 4 créditos de libre elección e os resultados e ponencias do simposio publicaranse posteriormente na revista Thalassas, editada no propio centro. A seguinte cita, no 2011 en Cádiz.