27 marzo 2009

Olaia Fernández Davila dice que ya es hora de mejorar la situación de los juzgados y especialmente los registros civiles

DAVILA DEMANDA AO GOBERNO A ADOPCIÓN DE MEDIDAS PARA MELLORAR O FUNCIONAMENTO DOS REXISTROS CIVÍS
A deputada do BNG esgrime a última memoria do Consello Xeral do Poder Xudicial onde se pón de manifesto o importante aumento das reclamacións cidadáns polo mal funcionamento dos xulgados, sobre todo dos Rexistros Civís

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que insta ao Goberno a adoptar medidas para melllorar o funcionamento dos Rexistros Civís.

Olaia Fernández Davila fai alusión á última memoria do Consello Xeral do Poder Xudicial que pón de manifesto o considerábel aumento das reclamacións cidadáns polo mal funcionamentos dos xulgados en xeral, e sobre todo dos Rexistros Civís en particular.

A deputada do BNG quer saber cal é a avaliación do Goberno ao respeito, “a que atribúe o crecente malestar cidadán pola inadecuada atención e o mal funcionamento dos Rexistros Civís? Cais son as causas do progresivo deterioro no servizo á cidadanía nos Xulgados e nos Rexistros?”, son algunhas das cuestións que formula ao Goberno.

Neste sentido, insta ao Executivo a mellorar a dotación de personal e os medios materiais nos Rexistros Civís a fin de ofrecer unha atención óptima aos cidadáns.

Aumentan as denuncias pola inadecuada atención nos Rexistros Civís

Davila menciona algúns dados recollidos no informe do CXPX. No ano 2008 as queixas incrementáronse nunha porcentaxe dun 40% na Galiza xa que se realizaron 600 denuncias. Mentras o incremento a nivel estatal se situou nun 27%. As reclamacións por problemas nos Rexistros Civís constitúen xa máis da metade das reclamacións presentadas. No territorio galego houbo 131 denuncias cando no 2007 só houbo 41.

No mencionado informe o mesmo Consello Xeral do Poder Xudicial recoñece a necesidade de melloras na súa organización e funcionamento.