A DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DA AUTOVÍA ENTRE FERROL E VILALBA FOI PUBLICADA NO DOG DE 19 DE SETEMBRO DE 2003
· " A conselleira quere desviar a atención e despistar á xente, porque sabe que non é correcto o que está a facer. Esta mesma mañá a páxina web de la Xunta publica que o vindeiro luns vai facer unha nova adxudicación por 49 millóns de euros"
· Os populares galegos lamentan o nerviosismo da conselleira de Política Territorial que está a recorrer Galicia intentando enganar e confundir aos galegos
· "Caride debería dicir a verdade e informar que a Declaración de Impacto Ambiental da autovía entre Ferrol e Vilalba a deixou feita o PP de Galicia e, que o que está a facer agora a consellería e o seguimento ambiental"
· “Non dicindo a verdade non se chega a ningún lado”, afirman os populares galegos
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O deputado electo do PP de Galicia, Agustín Hernández, afirmou hoxe, tralas declaracións da Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en funcións que, non dicir a verdade non é bo. “Caride sabe que o goberno do PP de Galicia deixou publicado no Diario Oficial de Galicia a Declaración de Impacto Ambiental e, como en calquera obra, unha vez que comeza, ten que facerse un seguimento ambiental por se houbera algún problema”. O seguimento ambiental que se seguiu non foi o correcto e por iso está a ter problemas unha das zonas naturais máis importante de Galicia
Os populares galegos lamentan que a conselleira de Política Territorial non asuma as súas competencias e acuse dos seus erros aos demais “non dicindo a verdade non se chega a ningún lado”.
REDACCIÓN DO PROXECTO ENRRIBA DA MESA
Hernández lembra á conselleira que o goberno do Partido Popular deixou en marcha a autovía entre Ferrol e as Pontes, parte dela en servizo e, concretamente no tramo entre As Pontes e Vilalba estaba feita a redacción do proxecto cando o PP deixou a Xunta.
“Enriba da mesa da conselleira quedou a redacción do proxecto da obra entre As Pontes e Vilalba” polo tanto dicir que os populares non ían a facer a obra é intentar enganar aos cidadáns de boa fe, dixo o deputado popular.
DESPISTAR
A conselleira quere desviar a atención e despistar á xente, porque sabe que non é correcto o que está a facer. Esta mesma mañá a páxina web da Xunta publica que o vindeiro luns vai facer unha nova adxudicación por máis de 49 millóns de euros e iso non é o correcto.
Concretamente, a Consellería informa na súa páxina web dunha nova adxudicación por un importe de 49 millóns de euros do treito Celeiro-San Cibrao do VAC da Costa da Morte para o próximo día 30 de marzo.