27 marzo 2009

Accidentes en Coruxo, O Porriño y Barro

PRINCIPAIS ACTUACIÓNS DE URXENCIAS SANITARIAS 061-GALICIA DURANTE A XORNADA DE HOXE, 27 DE MARZO DE 2009 ATA AS 14.00 HORAS
O servizo de xestión das urxencias extrahospitalarias atendeu catro accidentes de tráfico e outras 146 urxencias

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de catro accidentes de tráfico e outras 146 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 146 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 290 consultas telefónicas. O máis salientable:

-Ás 9:14 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente laboral no concello de CALDAS DE REIS, na poboación de Reirís. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial e ao médico de Atención Primaria, que logo dunha primeira valoración e asistencia, trasladou a unha varón de 60 anos, J.I.S., en estado grave, ao Complexo Hospitalario de Pontevedra.

-Ás 9:55 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun atropelo no concello de VIGO, na poboación de Coruxo. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada, que logo dunha primeira valoración e asistencia, trasladou a unha varón de 39 anos, A.A.A., cun traumatismo importante nas costas, ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

-Ás 10:19 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun incidente no concello de O PORRIÑO, no Monte da Devesa. Para atender a vítima que aparentemente lle caera unha rama dun árbore por enriba, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial e ao médico de atención primaria, que logo dunha primeira valoración e asistencia, trasladou a unha varón de 72 anos, S.C.B., cun traumatismo craneoencefálico, ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

-Ás 13:08 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun atropelo no concello de BARRO, no lugar a Devesa. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada, que logo dunha primeira valoración e asistencia, trasladou a unha muller de 58 anos, M.S.L., en estado grave, a un centro privado de Pontevedra.