A DEPUTACIÓN ABRE HOXE UN PRAZO DUN MES PARA CONTRATAR 50 PERSONAS POR SEIS MESES, CON 1.000 EUROS DE SOLDO MENSUAL, PARA AS OFICIÑAS TURÍSTICAS DA PROVINCIA
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Deputación de Pontevedra abreu hoxe un prazo de un mes para contratar a 50 personas por 6 meses, a razón de 1.000 euros de soldo mensual, para tarefas de información en oficiñas de turismo da provincia.
Poderán acollerse a esta iniciativa de fomento do emprego da institución provincial aqueles concellos, mancomunidades ou entidades sen ánimo de lucro da provincia que dispoñan dunha oficina de información turística aberta ó público.
Cada bolsa terá unha duración de 6 meses e cada entidade poderá solicitar un número máximo de tres bolseiros a razón de 1.000 euros mensuais, en xornadas de oito horas. As personas que opten ós empregos ofertados deberán ter menos de 30 años e estar en posesión do título de Diplomado en Turismo ou co ciclo superior de Información e Comercialización Turística. As solicitudes poderán presentarse no organismo autónomo Turismo Rías Baixas no prazo dun mes, a contar dende hoxe.
Formación e vestiario
A Deputación destiña para esta oferta unha cuantía total de 180.000 euros. E acordou que cada entidade beneficiaria, unha vez recibido o acordo de concesión de subvención, deberá formar un comité para a selección de bolseiros tendo en conta criterios de publicidade e concorrencia competitiva. Entre os membros do devandito comité de selección deberá figurar un técnico de Turismo Rias Baixas.
Unha vez seleccionados os 50 traballadores, a Deputación orgaizará unha xornada con todos eles para establecer pautas a seguir para unha información óptima e de calidade, soporte de materiais, enquisas, estatíticas de satisfacción, etc.. E dotará a todos eles do vestiario correspondente para unificar a imaxe dos traballadores das oficiñas de información turística da provincia.