El VICEPRESIDENTE DURÁN PRESENTOU A II CERTAME ZONAL DE PONTEVEDRA QUE SE CELEBRARÁ O DÍA 29 NO PAZO DE CULTURA
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O vicepresidente e deputado de Cultura, José Juan Durán, presentou o II Concurso de Bandas de Música da zona de Pontevedra que se celebrará o vindeiro 29 de marzo a partir das 16.30 horas no Pazo de Cultura, no obstante a entrega de premios terá lugar ás 20.30 horas.
Na sección terceira participarán a Banda de Música Cultural de Arcade dirixida por Celso Santos Lorenzo. Tocarán “Leria leria-cousa galega” de Luís Brage; e “Flores de la Rivera” de Eusebio Segura.
A Banda Escola Unión Cultural de Campo Lameiro dirixida por José Luis Represas Carrera. Neste caso interpretarán “Rapsodia Gallega nº1” de Enrique García Rey e “A Game of Chees” de w.Faust-Pi Scheffer.
Na sección segunda concursarán a Banda Xuvenil de Barro dirixida por Alejandro Cimadevila Louzao. Interpretarán as pezas “Tres imaxes de Mudga” de David Fiuza; “Symphonic Overture” de James Barnes. A Asociación Banda de Música Artística de Bueu dirixida por Víctor Manuel López Pazos que tocarán “A miña aldea-rapsodia galega”, de Leira Díaz; e “El Quijote-fantasía sinfónica para narrador y banda” de Ferrer Ferrán.
Finalmente, participará nesta sección a Banda de Música Popular “Airiños do Morrazo” de Moaña dirixida por Alberto Currás Piñeiro. Tocarán “Airiños Aires-rapsodia galega” de Gustavo Freire e “Ireland: Of Legend & Lore” de Robert W. Smith.
Finalmente, na sección primeira participará a Asociación Cultural “Bellas Artes de Cangas” dirixida por Eduardo González López. Interpretarán “Tres imaxes de Mudga” de David Fiuza e “Suite”, de Hidas Frigyes.
Actuará como agrupación invitada “Tangata”.
José Juan Durán destacou que todas as entidades participantes “están moi acreditadas con diversos galardóns de dentro e fóra da comunidade galega no seu currículo”.
Alta participación de mocidade
Así mesmo, puxo de relevo a presenza e participación de público xoven nestes certames zonais de bandas. “O vicepresidente explicou que a Deputación destina anualmente cerca de 400.000 euros ó financiamento da actividade de escolas de música públicas, privadas e conservatorios nas que reciben formación de rapaces e rapazas provincia “e de aí a presenza xuvenil tan destacada nos diferentes eventos musicais organizados”. Isto, manifestou Durán “énchenos de satisfacción porque entendemos que o futuro deste tipo de agrupacións está garantido na provincia”.
Sobre este respecto, José Juan Durán concretou que a Deputación Provincial de Pontevedra destina anualmente cerca de 700.000 euros a accións musicais, dende o Plan Cultural a axudas para a compra de vestiario, para instrumentos musicais ou para a realización de actividades culturais diversas.
Achegas económicas por participación e premios
As bandas recibirán en concepto de participación 1.800 euros na sección primeira, 1.500 na segunda e 1.200 na terceira. Así mesmo, a Deputación concederá en cada sección e por cada zona un primeiro premio de 2.000 euros para os que concursen na sección primeira, de 1.750 na segunda e de 1.500 na sección terceira.
Finalmente Durán comentou que “a altísima calidade dificultará a labor do xurado” que estará composto por personalidades do mundo da música e valorará, de 0 a 10, aspectos como afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), interpretación e técnica en cada unha das dúas obras