A institución, fundada en 1917, é a terceira entidade asistencial do Uruguai e conta na actualidade con 65.900 socios dos que o 30% son galegos
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA COLABORARÁ NO EQUIPAMENTO DO AMPLIADO HOSPITAL DA CASA DE GALICIA DE MONTEVIDEO
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra asinará un convenio para colaborar no equipamento da Casa de Galicia en Montevideo, según afirmou onte o seu presidente, Rafael Louzán, no curso dunha visita que realizou as novas dependencias do Hospital do centro que foron recentemente inauguradas.
Na súa visita, Louzán, acompañado pola vicepresidenta da Deputación, Teresa Pedrosa, percorreu a área de Emerxencias do Hospital da Casa Galicia montevideana, o seu novo recibidor e unha central de chamadas e escoitou, por boca do seu presidente, Manuel Ramos Pérez, e do xerente José Manuel Mouriño, os novos plans da institución para crear un centro de cuidados intensivos pediátricos.
O Hospital da Casa de Galicia de Montevideo leva o nome Policlínico Pontevedra e atende a unha poboación próxima ás 50.000 personas, das que 21.000 son cidadáns galegos. Como entidade asistencial é a terceira na importancia de Uruguai. A Casa de Galicia de Montevideo foi fundada en 1917 por emigrantes pontevedreses ligados á revista Tierra Gallega que dirixía o baionés José María Barreiro. Na actualidade tén 65.900 socios, dos que o 30% son galegos e na súa maioría da colonia pontevedresa, a máis importante das de Galicia no Uruguai con 30.000 residentes.
Ademais do prestixioso Hospital, que da emprego a 2.500 personas, a Casa Galicia conta tamén con modernas instalación sociais e de recreo.
O convenio que suscribirá a Deputación de Pontevedra con esta veterana institución emigrante en Montevideo tén por obxecto equipar a parte do Hospital recentemente ampliada (Emerxencias, recibidor e central de chamadas).
Louzán e Teresa Pedrosa viaxaron o pasado domingo a Montevideo ó fronte dunha misión comercial de 40 empresarios pontevedreses pertecentes á Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP). A expedición estará de volta en Pontevedra o vindeiro venres.