O BNG felicita a Teresa Táboas polo acordo do Consello da Xunta que autoriza a sinatura do Convenio cós afectados da PLISAN
PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O Consello da Xunta de Galiza autorizou o xoves 26 a sinatura do convenio para o pago dos dereitos mineiros pola expropiación da Plataforma Loxística Salvaterra – As Neves (PLISAN). O importe total das indemnizacións é de 7,7 millóns de euros e o pago efectuarase no prazo dun mes desde a sinatura do convenio, informan os nacionalistas.
Finalmente, o convenio tamén recolle que as administracións actuantes proseguirán o trámite aberto de reclamación contra as empresas mineiras asinantes dos convenios para facer efectivo o seu cumprimento.
O BNG celebra, que finalmente o Consello da Xunta autorice a sinatura do Convenio cós afectados, donde se lle recoñece os veciños/as o dereito indemnizatorio polos recursos mineiros. Dereito que sempre foi defendido polos nacionalistas, tanto a nivel da organización comarcal do BNG, como dende a Consellería de Vivenda e Solo, dirixida por Teresa Táboas.