23 marzo 2009

Ciclismo : el SuperFroiz elige un año más la Deputación Provincial

PRESENTACIÓN OFICIAL DO EQUIPO SÚPER FROIZ
O Pazo Provincial acolleu o acto de presentación do equipo de ciclismo Supermercados Froiz que estivo apadriñado polo ex ciclista Tony Rominger.
Os vinte e seis corredores fixéronse a fotografía oficial diante do Pazo provincial, acompañados polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, polo director do equipo, Evaristo Portela, polo patrocinador Magín Froiz, polo ciclista Tony Rominger, e por outros integrantes do equipo.

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Louzán agradeceu “o apoio da empresa de Alfredo Magín Froiz a este equipo deportivo, sobre todo nun momento de dificultade económica”. Así mesmo, o presidente agradeceu “o esforzo e extraordinario traballo de todos os integrantes do club, dende os corredores ata o director Evaristo Portela, polos bos resultados obtidos a pasada temporada”.
Para o presidente da Deputación o Súper Froiz “é un atractivo no mundo do ciclismo en España” e tamén destacou a importancia de que o nome de este equipo circule por toda España”.
Magín Froiz, pola súa banda, desexou que o equipo “actúe con deportividade e que disfrute”. Destacou tamén que se ben os premios son o máis desexable, “o importante é chegar á meta, participar e disfrutar”.
Pola súa banda, Evaristo Portela afirmou a súa “satisfacción” por levar un equipo desta entidade, e comentou que “nos queremos disfrutar coa práctica deste deporte pero preparámonos para gañar”.