VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Este martes 24 marzo ás 19 horas na Federación Veciñal “Eduardo Chao” (pz. da Princesa 7, 2º), o Banco do Tempo (BdT) FAVEC organiza unha charla-coloquio en torno ao encaixe de Camariñas.
A charla será impartida por Mario Gallego, natural de Pontevedra, mestre de Historia e Lingua galega no colexio Público de Mosteiro (Meis), que desde fai máis de trinta anos investiga a etnografía cultural de Galicia e en particular a de Camariñas. Autor de numerosos artigos en case todos os periódicos galegos, impartiu conferencias por toda Galicia, publicou varios libros entre os que se atopan “ O encaixe”, “O encaixe pontevedrés da idade contemporánea”, “ A unidade didáctica do encaixe” e na actualidade está a piques de publicar un libro de memoria histórica dos Concellos de Meis e de Carral.