06 marzo 2009

Nota aclaratoria del Concello
de A Guarda

Despois do anuncio publicado pola Asociación Pedra Furada nos medios de comunicación respecto da organización das Festas do Monte e habendo transcorrido o prazo fixado sen que ningún colectivo se fixera cargo da mesma, o Concello da Guarda e a Asociación Pedra Furada, co fin de garantir a continuidade dunhas Festas que de ningún xeito podemos deixar desaparecer, queremos manifestar:
1.- A organización xeral das Festas do Monte continuará recaendo na Asociación Pedra Furada.
2.- O Concello da Guarda asumirá a organización e financiamento dos actos culturais, desfile folclórico tradicional e alumeado.
3.- A Asociación Pedra Furada asumirá a organización e financiamento de todos os restantes eventos: verbenas, publicación do libro das Festas, parque de atraccións, actos deportivos, etc.
O Concello e a Asociación Pedra Furada queremos significar de xeito moi especial que este 2009 é un ano especialmente importante para as Festas do Monte que van ser declaradas, só falta o acordo do Consello da Xunta, FESTAS DE INTERESE TURÍSTICO.
A Guarda, 6 de marzo de 2009