09 marzo 2009
Fecimo estrecha su colaboración con la Escola de Negocios Caixanova
Publicado por C&CdeGaliza en 9.3.09 Etiquetas: BUEU, CANGAS, ECONOMIA, MOAÑAVisita do Director da Escola de Negocios de Caixanova á sede de Fecimo
CANGAS (MORRAZO-tribuna) .- A Escola de Negocios Caixanova nace en 1987 cunha misión clara e concreta: contribuír ao desenvolvemento empresarial de Galicia eo seu contorno. A Escola foi o primeiro centro destas características en Galicia e desde entón conseguiu unha sólida implantación como líder na formación de empresarios e directivos.
Esta visita de hoxe enmárcase na colaboración da Escola de Negocios en varios aspectos con Fecimo:
• Por unha parte no obxetivo da Federación do fomento da actividade productiva, a creación de ocupación e o desenvolvemento persoal.
• E por outra na mellora dunha xestión profesional, contribuindo a mellorar a competitividade das empresas da comarca, un marketing serio e riguroso e unha boa administración dos novos recursos humanos feitos co compromiso de servicio os asociados e a sociedade na que vivimos, mellorando e innovando constantemente, que nos leve a promover o compromiso dos seus asociados.
• Así como noutras accións conxuntas que se desenvolverán o largo deste ano, tales como estudios de aspectos socioeconómicos sobre a actividade empresarial das empresas da Comarca do Morrazo.
No aspecto da formación coa visita do Sr. Erquiaga a Escola de Negocios cede dous profesores-conferenciantes de primeiro nivel para participar no Ciclo de Conferencias que durante o primeiro trimestre do ano 2009 vimos realizando coa denominación xenérica “Solucións para un futuro máis competitivo”.
Unha das conferencias celebrarase a finais de marzo e a outra no mes de abril, das que daremos puntual información, co que se pechará o ciclo de catro conferencias programadas pola Federación.