09 marzo 2009

Mos : se acabó un peligro...

Retírase o poste de alumeado do interior do colexio de Sanguiñeda
A obra acometeuse o sábado e foi acompañada do soterramento dunha liña de alta tensión que se atopaba nas inmediacións do edificio

MOS (MORRAZO-tribuna) .- O sábado 7 de Marzo procedeuse á demolición dun poste de alumeado ubicado no patio de recreo do CEIP Mestre Valverde Mayo, na parroquia mosense de Sanguiñeda, e ó soterramento dunha liña de alta tensión situada tamén nas inmediacións do mesmo, moi próxima á entrada do centro escolar.

O edil de Alumeado, Luis Alonso Seijo, presenciou e supervisou os traballos que se prolongaron durante todo o día e que foron acometidos conxuntamente entre operarios do Concello de Mos e da empresa FENOSA, titular do tendido eléctrico no municipio.

Alonso Seijo manifestouse o sábado “satisfeito coa demolición do poste do colexio de Sanguiñeda, xa que era unha reivindicación que tanto o profesorado coma os pais do alumnado levaban reclamando clamorosamente dende fai moitos anos; e por fin agora produciuse”.

O concelleiro de Alumeado declarou tamén que “esta é unha obra moi importante para a localidade de Mos, equiparable en importancia con outra que se acaba de levar a cabo fai pouco tempo e que implicou o soterramento das liñas de alta tensión dende o centro de saúde do Rebullón ata o alto de Puxeiros”.