Mañán, xoves, vaise reunir a Mesa Policial, mesa de coordinación entre a Guardia Civil e a Policía Local, que se convoca regularmente para buscar a armonización dos esforzos entre os dous corpos e ofrecer así un mellor servizo ós cidadáns.
A GUARDA (MORRAZO-tribuna) .- A convocatoria da mesa do xoves prodúcese despois do encontro entre o Subdelegado do Goberno e o Alcalde, encontro no que se constatou un pico de faltas e delitos na nosa localidade no mes de febreiro.
O obxectivo da convocatoria da Mesa Policial é, se cabe, a mellora da coordinación entre a Policía Local e a Guardia Civil o que permitirá, sen dúbida, unha actuación máis eficaz no eido da seguridad cidadá.
No citado encontro entre o Alcalde e o Subdelegado, este manifestou que poñería tódolos medios ó seu alcance para que esta situación puntual se corrixa e poidamos voltar en breve ás porcentaxes que ofreceu o ano 2008, porcentaxes que están moi por debaixo da media provincial e estatal.